Un das sen dúbida maiores personaxes históricos da Galicia medieval, aquel que foi quen de obter a dignidade de arcebispado para a sé compostelá. Señor de Santiago, Diego XelmÃrez impulsou enormemente as obras da catedral (segundo o Códice Calixtino, a última pedra do templo foi colocada baixo o seu mandato no ano de 1122), e encargouse de embelecer unha cidade emerxente: un centro de peregrinación e comercio que precisaba de novas rúas e edificios. Crese que XelmÃrez viaxou a Francia e a Roma, e é sabido que tivo moi boas relacións cos maiores poderes da cristiandade occidental do momento: o papado (catro foron os papas que con el trataron) e a abadÃa de Cluny. O prelado compostelán chegou a ser a maior autoridade eclesiástica da antiga Hispania romana durante varios anos, nun momento de grande crecemento da afluencia de peregrinos, promovida pola “tese das tres sés” (Santiago, Roma e Xerusalén), que designaba esas tres cidades como os máis importantes centros de devoción de toda a cristiandade. Â
A vida e obra de XelmÃrez están recollidas na por el encargada Historia Compostellana (en latÃn), peza chave para comprender a complexa historia medieval do occidente peninsular. Esta serie de libros narra o ocorrido en Santiago dende o descubrimento da tumba apostólica até a morte do propio XelmÃrez, centrándose con maneiras case que biográficas no tempo deste primeiro arcebispo.
Diego XelmÃrez naceu arredor do ano 1065 no seo dunha familia nobre que gobernaba algunhas das terras costeiras do bispado compostelán, na zona de Catoira. A súa educación estivo desde un primeiro momento orientada cara a vida relixiosa; completou a súa formación na escola catedralicia santiaguesa cunha estadÃa na corte leonesa do entón reinante Afonso VI.
Foi elixido aÃnda mozo coma conselleiro e secretario dos novos condes de Galicia: Raimundo de Borgoña e Urraca de León. Afonso VI creara este cargo coa intención de pacificar o reino de Galicia, que nas décadas anteriores rebelárase en varias ocasións contra o poder central (conseguindo incluso a independencia baixo GarcÃa I). No 1093, durante o bispado do cluniacense Dalmacio, XelmÃrez foi nomeado administrador da diocese, posto desde o que se dedicou principalmente a avanzar coas obras da catedral. Uns anos máis tarde, no 1095, chegou a bula papal que autorizaba o traslado definitivo da sé episcopal de Iria Flavia a Santiago, ficando esta só suxeita á autoridade romana (un grande logro, tendo en conta que anteriormente a sé de Iria dependÃa da recentemente restaurada sé de Braga).Â
Tras a morte de Dalmacio, contando co apoio dos condes, do papado e da AbadÃa de Cluny, Diego XelmÃrez converteuse no novo bispo de Santiago. Desde entón, foi acumulando influencia e méritos sempre co obxectivo de obter o arcebispado, que non chegarÃa até o ano 1120 de máns do papa Calixto II (irmán do xa falecido conde Raimundo). Estes foran os momentos, logros e eventos máis importantes deses primeiros 20 anos de goberno de XelmÃrez: a obtención do poder de acuñar moeda (dignidade que só compartÃa cos reis; a súa moeda fÃxose de uso común en toda Galicia), o PÃo Latrocinio (interesantÃsimo acontecemento histórico que consistiu no roubo por parte de XelmÃrez de importantes reliquias bracarenses e o seu posterior traslado a Compostela coa intención de aumentar o prestixio da súa sé fronte a competencia), algunhas revoltas populares (a cidade, centro de comercio, contaba cunha importante burguesÃa, que en varias ocasións se alzou contra o seu señor), a construción da primeira armada da penÃnsula cristiá (unha frota que se construÃu arredor do ano 1115 en Arousa coma defensa efectiva contra os ataques viquingos e sarracenos), e por último, varios tratados e guerras con Urraca e Afonso I o Batallador (relacionadas coa defensa da autonomÃa do reino de Galicia e os desexos de aumentala).
En 1120, XelmÃrez e Compostela pasaron a ser arcebispo e arcebispado, co traspaso do tÃtulo desde a musulmá Mérida (para evitar problemas coas sés de Braga e Toledo). Ademais, o señor de Santiago foi nomeado tamén legado pontificio, sendo entón a maior autoridade eclesiástica da Hispania, con potestade para convocar concilios. Por último, e grazas a Urraca (con quen tivo unha relación complicada, de amigos a inimigos e volta), XelmÃrez tomou tamén as funcións de Conde de Galicia.
Xunto con Pedro Froilaz, conde de Traba (poderoso nobre galego con moi boas relacións alén Miño), o arcebispo defendeu e encargouse da crianza do futuro Afonso VII, coroado rei primeiro en Santiago, e logo no 1126 en León. O certo é que unha vez crecido, o novo rei non serviu aos intereses de XelmÃrez e non favoreceu o poder compostelán; máis ben ao revés, pois Afonso VII, debido ás súas numerosas camapañas militares pedÃa constantemente cartos ao arcebispado.Â
AÃnda que no 1124 coa morte de Calixto II deixou de ser legado pontificio, XelmÃrez continuou sendo unha das maiores autoridades relixiosas e polÃticas de Galicia e León até a súa morte no cargo no ano de 1140. De importancia fundamental para a proxección económica, cultural e polÃtica do Santiago medieval, Diego XelmÃrez é estudado coma un astuto lÃder polÃtico, artÃfice de complicadas manobras diplomáticas, que non sempre saÃron ben pero que levaron a que, tras moitos intentos, Compostela fose arcebispado, e el, o seu primeiro arcebispo.
