FESTIVAL COMPOSTELA 2017

A ASBL Centro Galego de Bruxelas organiza a segunda edición do Festival Compostela para celebrar os seus 20 anos nos locais de “La Tentationâ€. Será durante o primeiro fin de semana de xuño, os días 03 e 04 de xuño de 2017.

Despois do éxito da primeira edición que reuniu a máis de 5.000 persoas, e máis de 300 artistas folclóricos; o Festival Compostela completamente gratuíto, pon en valor as músicas tradicionais e a diversidade cultural do Camiño de Santiago de Compostela, recoñecido como Primeiro Itinerario Cultural Europeo pola Unesco. É un Festival multicultural e para tódalas idades.

O Festival Compostela que propón ao público unha programación diversa: desfile de grupos tradicionais no casco histórico de Bruxelas, casetas gastronómicas, artesanía e actividades para os nenos na Praza de Béguinage, concertos de músicas do mundo, conferencias, reencontros de peregrinos e exposición. Unha programación variada que chamará a atención e suscitará curiosidade ao público!

O sábado 03 de xuño comezaremos por un desfile folclórico no casco histórico da capital, unha exposición sobre a emigración galega nos anos 20, unha conferencia con un historiador Roel Jacobs “Le Béguinage et Compostelle†e en La Tentation os concertos dos artistas invitados Iñaki Plaza & Band (Euskadi), Tejedor (Asturias) et Susana Seivane (Galiza).

O domingo 04 de xuño propón as familias e nenos unha edición especial dedicada a Galiza no proxecto “Sunday Family Brunch†co grupo Pesdelán (Galiza) e unha festa do baile “Domingo Latino†coas Mambo Sins (Galiza) e Banda Bruselas (Bélxica), que nos fará bailar ata o amencer.

Ao longo do fin de semana na Praza de Béguinage haberá casetas de gastronomía española, con unha auténtica “Pulpeira†chegada directamente de Galiza, unha Sesión Vermú, un espazo recreativo para os nenos e no escenario varias presentacións de baile, música tradicional e latina entre as 14h e 20h.
¡Unha programación variada que chamará a atención e suscitará curiosidade ao público!

ORGANIZACIÓN e INFORMACIÓNS PRÃCTICAS:
Centro Galego de Bruxelas ASBL – La Tentation: Rue de Laeken 28, 1000 Bruxelles
Web: www.latentation.be – Mail : info@latentation.be

Official web Festival Compostela: https://www.festivalcompostela.be
Vídeo Festival Compostela: https://vimeo.com/175209785
@Facebook: /FestivalCompostelaenBruxelas/ – @Instagram: /festivalcompostela/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *