Natureza Protexida

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e o Parque Nacional de Peneda-Gerês únense nos límites entre Portugal e Galicia, formando un espazo transfronteirizo único de 267.958 ha. de extensión, declarado no ano 2009 Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Estamos nun territorio onde as serras escarpadas se mesturan con outras de formas máis dondas; os bosques frondosos contrastan cunha paisaxe granítica de montaña, onde os bolos cobran feituras singulares e a auga está presente en forma de ríos, pozas, fervenzas naturais e tamén encoros que ofrecen a posibilidade de remar en augas tranquilas no corazón do Xurés. Aquí poderás descubrir un dos grandes atractivos que garda este espazo: a variedade de flora con máis de 807 especies, das cales 117 son endémicas, como o Lirio do Xurés. Ademais, conta cunha gran diversidade de fauna, con cerca de 150 especies de aves e especies singulares, como la bovina autóctona: a vaca cachena.

Máis información:

1. Turismo de Galicia …

2. Galicia, Natural e Única …

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *