Montemos ou non o belén na casa, en decembro e xaneiro, podemos visitar uns cantos beléns que nos meten de cheo no Nadal. AÃnda que tamén os hai vivintes, vamos centrarnos nos tradicionais, con figuras e decorados feitos a man, algúns con partes mecanizadas e mesmo efectos especiais. As obras van mellorando nadal a nadal grazas ao traballo dos belenistas, que unhas veces son unha persoa e, outras, un pobo enteiro.
Un dos máis famosos é o Belén de Begonte (5 decembro – 29 xaneiro), en plena Terra Chá. Está declarado de interese turÃstico galego. Foi fundado en 1972 por José DomÃnguez Guizán e José RodrÃguez Varela. Está cheo de figuras, moitas animadas electrónicamente, que representan desde a máis tradicional escena bÃblica ata a máis popular chairega. Desde a súa orixe tanto medrou que a sala adxacente está adicada ao Museo do Belén, coas figuras e conxuntos animados que van sendo renovados cada ano. En Begonte, o belén é o protagonista indiscutible do nadal, e sirve de excusa para organizar as festas que, como non, comezan co Pregón do Belén. Este ano, co gallo do cincuenta aniversario, estáse a celebrar a mostra itinerante «50 anos do Belén de Begonte».
Outro belén co tÃtulo de interese turÃstico galego é o Belén artesanal en movemento de Valga (5 decembro – 9 xaneiro). Conta con máis de tres mil pezas. Ademais dos episodios bÃblicos, representa escenas da zona de Valga (romarÃas, procesións…), personaxes do concello e de Galicia (A Bela Otero, Ferro Couselo, RosalÃa, Castelao…) e temas da actualidade social, polÃtica, etc. Isto significa que cada ano hai unha renovación importante de figuras e decorados.
Nestas datas, o casco vello de Viveiro é invadido polo Belén xigante de Viveiro, tamén coñecido como «Viveiro ante o Berce», ou «Belén xigante de Santa MarÃa» (5 decembro – 13 xaneiro). A súa principal caracterÃstica é a grande escala, cun centenar de figuras a tamaño natural, con «cagón» e todo, e que polo medio andan galiñas, de carne e óso, que animan a festa. Está organizado pola Asociación de Amigos do Casco Histórico, no casco histórico, claro. E sempre hai novidades: este ano incorpórase un faro de case oito metros de alto, coa función de protexer o cruceiro do atro.Â
Na provincia de Lugo a tradición belenista tamén se amosa cada ano no Concurso de Belenismo de Lugo, no edificio de Afundación na praza de Santa MarÃa de Lugo (17 decembro – 7 xaneiro).
En Santiago, podemos visitar o Belén de San Fiz de Solovio, na igrexa que lle da nome, (3 decembro – 5 xaneiro). Precisamente, a portada románica da igrexa presenta un tÃmpano co relevo da Adoración dos Reis Magos, de 1316. O belén ten arredor de cincocentas pezas feitas a man, de barro e lenzo pintado. É cedido e montado ano tras ano por José Uzal. Tamén inclúe iluminación, sons e efectos especiais (néboa, tronos…).
Un belén moi peculiar é o Belén de Baltar, en Ourense. Componse de máis de cen figuras de barro cocido. A súa caracterÃstica principal, ademais do selo do escultor, é que ten un aire profundamente ourensan, con escenas na praza, na taberna, co fotógrafo ambulante… Arturo Baltar comezouno en 1967 por encargo da Asociación de belenistas. Despois duns anos instalado na capela de San Cosme e San Damián, en 2010, trasladouse ao edificio anexo, ao chamado «Espazo expositivo Arturo Baltar» e, desde entón, nin temos que agardar o nadal, pois o belén pódese visitar durante todo todo o ano mais, entre o 17 de decembro e o 6 de xaneiro, con horarios ampliados. Por certo que, a dez minutos daquÃ, na sé do bispado, tamén podemos achegarnos á Exposición de Beléns do mundo, con máis de cento cincuenta beléns dos lugares onde están presentes as misións (10 decembro – 7 xaneiro).
Outros beléns da provincia de Ourense son o Belén da Viruca, (8 decembro – 6 xaneiro) en VerÃn, no que se reflicten zonas tipicas de VerÃn e labores tradicionais da zona de Monterrei; e o Belén de Parada de Sil, (20 novembro – 30 xaneiro), feito por José MarÃa Campo Herrero, con reprodución a escala do mosteiro de Santa Cristina e todo.
Outro outro belén curioso é o Belén familiar de Conxo (3 decembro – 9 xaneiro). A familia Otero leva recibindo visitantes para aprezar o seu belén desde hai máis de setenta e cinco anos. Cada edición adÃcanno a algunha personaxe, xeralmente da zona. Este ano, vai polas vÃtimas da pandemia.
O Belén da Orde Terceira de Ferrol tamén ten máis de setenta anos. Conta cun fermoso nacemento de estilo oriental. Foi posto en marcha por Alfredo MartÃn, xa falecido, e continúan a obra a familia e outros colaboradores. Ademais de toda a escenografÃa propia do belén, dous paxes narran as escenas mentres se moven as figuras. Pódese visitar desde o 26 de novembro.
Hai beléns que abren as portas máis adiante, como o Belén da Grande Obra de Atocha, na Coruña (25 de decembro – 6 de xaneiro). Ten a curiosidade de estar feito a escala do mapa de Xerusalén. Os fondos foron pintados por Camilo DÃaz Baliño en 1923. Na Coruña tamén se pode ver o Belén municipal desde o 10 de decembro, cheo de personaxes da cidade.
En Vigo, aÃnda que pareza que so hai luces, tamén se montan beléns de moita tradición. Na Casa das Artes, exponse o Belén monumental de Vigo (27 novembro – 6 xaneiro) e, doutra banda, celébrase o 56 Concurso de beléns de Afundación (1 decembro – 8 xaneiro), que se amosan na Sala de exposicións do teatro Afundación.
Na Casa de Cultura de Gondomar, Fernando Fernández Penedo monta o Belén artesanal en movemento (5 decembro – 9 xaneiro) desde hai vinte anos, este ano con cento cincuenta pezas que se moven.
Tamén hai tradición en Mos, onde o grupo veciñal «Armouse o belén» fai o Belén do Pazo de Mos (1 decembro – 7 xaneiro). Trátase dunha exhibición solidaria pois, para entrar, hai que facer unha doación ao banco de alimentos. E, preto dalÃ, expónse o Belén de Herville (5 decembro – 19 xaneiro), na Asociación cultural e social de Herville, cun montón de detalles históricos.Â
Se tiramos cara ao sur e chegamos a Tui, hai que ver o Belén da Catedral de Tui (20 decembro – 10 xaneiro). No retábulo da Expectación exponse o nacemento e, por todas as naves, os Beléns do mundo.Â
