A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, promocionou a pasada  fin de semana os recursos e os produtos turÃsticos de Galicia na feira Expovacaciones, que tivo lugar no centro de congresos e exposicións Bilbao Exhibition Center (BEC), situado na cidade de Barakaldo.
Nesta ocasión, Turgalicia presentou un stand de deseño cunha superficie de 200 metros cadrados no que se difundiu toda a oferta turÃstica de Galicia e o Camiño de Santiago, facendo especial fincapé no mapa Xeodestinos e a marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo? cos seus produtos cabeceira: Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, Turismo mariñeiro, Paseando entre viñedos, A Ruta da Camelia, Santuarios máxicos, Patrimonio oculto, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia e Lugares únicos.
A feira Expovacaciones é un dos certames turÃsticos más importantes de España que este ano celebra a súa 33 edición. Este evento rexistra ano tras ano unha notable afluencia de público, que destaca polo seu interese polas novas iniciativas e propostas turÃsticas.
Turistas vascos
Os vascos supoñen un dos mercados emisores máis importantes para o Turismo galego. Asà o ano pasado a Comunidade galega rexistrou 114.630 visitantes do PaÃs Vasco que realizaron 298.739 pernoitas en establecementos hoteleiros galegos.
O PaÃs Vasco é o sexto mercado nacional máis importante para Galicia logo de Madrid, Cataluña, Castela e León, AndalucÃa e Asturias.
Canto ao tráfico aéreo, o ano pasado 20.097 vascos se achegaron a Galicia en avión, o que supuxo o 2,7 por cento do total nacional.