
Situación
Concellos de Cee, DumbrÃa, Mazaricos e Carnota, na Coruña.
Superficie
4.628,87 ha., das cales 438 ha de augas mariñas.
Acceso
A estrada C-550, entre Cee e Carnota.
Servizos
Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Máis información
Turismo mariñeiro (www.mardelira.net).
Equipamentos
Centro de Interpretación PaisaxÃstica (A Cabana-Lira).
Outros espazos naturais relacionados / Próximos:Â
LIC “Costa da Morteâ€
LIC “Monte e Lagoa de Louroâ€
Un “Olimpo†particular
Praias, dunas e marismas; cantÃs, illas Lobeiras e reserva mariña; o rÃo Xallas coa lendaria fervenza de Ézaro, o Olimpo celta do Pindo coas súas esculturas naturais en granito, Punto de Interese Xeolóxico nacional… Todo isto forma un dos espazos litorais máis variados da comunidade, onde o natural reborda grandeza.
A praia de Carnota pasa por ser a máis extensa de Galicia. O areal, de sete quilómetros de longo por medio de largo prolongado en dunas, ábrese nunha canle na zona norte por onde penetra o mar creando unha chaira intermareal de gran produtividade natural. Da fertilidade da veiga contigua ás marismas dan testemuño os soados hórreos ou cabaceiras de Carnota. Son os depósitos de gran e almacenamento hortÃcola máis longos de Galicia.
O Monte Pindo érguese 627 metros a escasos dous quilómetros do mar. Ao camiño de subida ata o cume da Moa cómpre dedicarlle un par de horas e moita precaución, sobre todo na baixada. O sendeiro está vixiado polas figuras pétreas de formas humanas como o “guerreiro†e outros castelos de granito que poñen a proba a gravidade e a imaxinación.
De máis doado acceso é o lugar onde o Xallas se precipitaba sobre o mar en forma de fervenza antes da represa do rÃo augas arriba. Cando en datas sinaladas da temporada turÃstica se abren as comportas do encoro, aÃnda se pode admirar a bravura dun dos cadoiros únicos en Europa. Por todo isto, O Pindo é un particular Olimpo Celta. Baseado ademais na similitude fonética co grego monte Pindhos.
Existe tamén pola costa de Carnota unha iniciativa pioneira: é o turismo mariñeiro para a revalorización da pesca artesanal e a creación dunha reserva mariña habilmente promovida pola propia ConfrarÃa de Pescadores de Lira.
View Larger Map