O 28 de decembro, DÃa dos Inocentes, cúmprese un novo aniversario da morte de Manfred Gnädinger. Ese era o nome que figuraba na súa documentación, aÃnda que para todos aqueles que souberon da súa peripecia vital e artÃstica era o Alemán de Camelle e para quen o coñeceu en persoa foi simplemente Man. A ese porto pesqueiro situado no municipio de Camariñas, en pleno corazón da Costa da Morte, foi a onde este artista de orixe alemá foi a dar a comezos dos anos 60 tras unha crise vital que o levou a romper coa súa vida anterior. E alà foi onde permaneceu ata a súa morte, no ano 2002, apenas un mes e medio despois de que a pegada da catástrofe do Prestige alcanzase o lugar que convertera no seu fogar e no seu medio de expresión artÃstica.Â
Â
Man desenvolveu na Costa da Morte unha peculiar forma de vida que espertou suspicacias ao principio, pero que acabou por calar nos habitantes do lugar. Eremita e artista, esquivo e incomprendido, pero tamén visionario en moitos aspectos, fÃxose famoso pola súa peculiar vestimenta, apenas cuberto por un taparrabos, e polo lugar que elixiu para reconstruÃr a súa vida: un espazo xunto ao mar, sen electricidade nin auga corrente, pero en pleno contacto coa natureza, arrolado polas ondas e no que puido dar renda solta á súa pulsión artÃstica.
Â
A súa comuñón co medio que o rodeaba e a forma de vida que elixiu non foron sempre ben entendidos, pero a coherencia coa que desenvolveu a súa vida acabaron por impoñerse aos prexuÃzos. Man dedicouse a modelar a paisaxe que o rodeaba dando forma ás pedras e aos obxectos que arrastraba o mar, pero tamén ao cemento do dique construÃdo nas inmediacións do xardÃn museo que foi levantando cos anos.Â
Â
Durante os 40 anos que pasou en Camelle, Man foi creando tamén unha inxente cantidade de material artÃstico en forma de debuxos, textos e fotografÃas. E quixo que aqueles que o visitaban puxesen tamén o seu gran de area achegando as súas propias ilustracións aos cadernos que Ãa completando.
Â
Coa marea negra do Prestige, a súa imaxe, marcada pola dor, converteuse nunha icona da catástrofe e contribuÃu tamén a avivar a onda de solidariedade que atraeu ata as costas galegas a miles de voluntarios dispostos a loitar contra a marea negra. Pero o golpe que sufriu o lugar que convertera no seu fogar e a natureza que tanto amaba foi demasiado para Man. O 28 de decembro do 2002 falecÃa, segundo contan, por mor da tristeza en que se sumiu.
Â
O seu legado debátese hoxe entre a supervivencia e o regreso á natureza. O Museo Man de Camelle aberto nun edificio de titularidade municipal converteuse en depositario dunha parte importante da súa produción artÃstica e acolle unha exposición que profunda na relación de Man co medio en que viviu. Alà pódense atopar fotografÃas, bosquexos, documentos con aforismos, obxectos persoais, cadernos, debuxos realizados polas persoas que o visitaban e algunhas das pezas que creaba cos obxectos que arrastraba o mar. E a que foi a súa vivenda, a Casa do Alemán, xunto ao mar, aÃnda permite apreciar como era o seu humilde modo de vida, aÃnda que o paso do tempo e a acción dos elementos (mareas e temporais) fixo xa estragos no seu xardÃn museo mentres prosegue o debate entre aqueles que defenden que haberÃa que protexer tamén esas creacións e os que consideran que Man preferirÃa que fose a propia natureza a que tomase esa decisión. No que non hai dúbida é en que a súa mensaxe de conexión coa nosa contorna natural permanece máis viva que nunca.
