Do 15 ao 17 de maio, a Ruta do Viño de Valdeorras acolle unha nova edición da “Primavera de Portas Abertas”, unha iniciativa de enoturismo promovida por Turismo de Galicia para dar a coñecer unha das comarcas vinícolas máis representativas do territorio galego.
Ao longo de toda a fin de semana, as persoas visitantes poderán participar en visitas guiadas a adegas, degustacións de viños da D.O. Valdeorras, propostas gastronómicas, rutas de natureza e distintas experiencias deseñadas para achegarse á tradición, á historia e á contorna desta comarca do Sil. Unha oportunidade ideal para desfrutar do viño e descubrir da comarca de Valdeorras.
Descubre Valdeorras e a súa viticultura en bus
O sábado 16 e o domingo 17 de maio organizaranse diferentes rutas en autobús con saída desde Ponferrada, Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra. Explora o patrimonio, visita adegas e percorre algúns dos enclaves máis singulares de Valdeorras cun guía turístico.
A actividade ten un custo de 10 € por persoa adulta e 5 € para nenos de entre 3 e 13 anos. O xantar non está incluído e as prazas son limitadas, polo que se recomenda reserva previa.
O programa poderá sufrir modificacións segundo a dispoñibilidade dos espazos visitados, e algunha das rutas podería cancelarse se non se acada un mínimo de 12 participantes. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos.
Saídas e rutas programadas
Sábado 16 de maio
10.15 h – Ponferrada
Saída desde o Albergue Municipal de Peregrinos para visitar Terriña Adegas e Viñedos, o Castelo do Bolo, Quinta da Peza e A Coroa, con tempo libre para xantar na Rúa.
09.00 h – Ourense
Saída desde o Parque de San Lázaro, con parada en Monforte de Lemos, para visitar As Ermidas, Adega Melillas e Fillos, Bodegas Godeval e Bodegas Blare, con tempo libre para xantar na Rúa ou no restaurante Paladium.
08.15 h – A Coruña
Saída desde a parada de buses xunto ao Obelisco para visitar Adega O Casal, Adega A Bágoa e Bodega Joaquín Rebolledo, con tempo libre para xantar no Barco de Valdeorras ou no restaurante Calzada.
08.15 h – Santiago de Compostela
Saída desde a Dársena Xoán XXIII para visitar Cova da Xabreira, Adega Alan de Val e O Luar do Sil, con tempo libre para xantar na Rúa.
08.30 h – Vigo
Saída desde a Avenida de Madrid, xunto á clínica Concheiro, para visitar Quinta da Peza, Bodegas Godeval e Adega O Casal, con tempo libre para xantar no Barco de Valdeorras ou no restaurante Pazo do Castro.
08.15 h – Pontevedra
Saída desde a Praza de Galicia-Hiperxel para visitar A Coroa, Sampayolo e Bodega Roandi, con tempo libre para xantar no Barco de Valdeorras.
Domingo 17 de maio
10.15 h – Ponferrada
Saída desde o Albergue Municipal de Peregrinos para visitar Bodega Joaquín Rebolledo, Adega Melillas e Fillos, Sampayolo e Adega A Bágoa, con tempo libre para xantar na Rúa.
09.15 h – Ourense
Saída desde o Parque de San Lázaro, con parada en Monforte de Lemos, para visitar Adega Alan de Val, Bodega Roandi, Bodegas Blare e Terriña Adegas e Viñedos, con tempo libre para xantar no Barco de Valdeorras.
Programa especial de actividades
Ademais das visitas a adegas e das rutas en autobús, a programación inclúe actividades para seguir descubrindo a riqueza gastronómica, cultural e natural de Valdeorras.
- Túnel do viño: D.O. Valdeorras
Apertura da Primavera de Portas Abertas cun túnel de 26 referencias de adegas participantes, nos xardíns do Hotel Monumento Pazo do Castro, ambientado por DJ Repunante. Un percorrido cómodo e festivo pola variedade dos viños de Valdeorras.
-
- Venres 15 de maio · 20.00 h
- Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras)
- 10 € por persoa
- Entre viños e queixos en Valdeorras
Cata de dous viños da D.O. Valdeorras acompañados de tres queixos galegos, guiada pola enóloga Cecilia Fernández no corazón dun viñedo. Unha experiencia para descubrir de forma didáctica as harmonías entre os viños e os produtos da terra.
-
- Domingo 17 de maio · 11.00 a 13.00 h
- Consultar localización
- Grupo mínimo de 10 persoas, máximo de 15
- 20 € por persoa
- Temos un Camiño: Décimo aniversario do Camiño de Inverno
Paseo de catro quilómetros e medio polo Camiño de Inverno ao seu paso polo Barco de Valdeorras, con saída desde a Cooperativa do Barco e remate con petisco e viño local no barrio de Veigamuíños.
-
- Sábado 16 de maio · 10.30 h
- Saída desde a Cooperativa do Barco
- Grupo mínimo de 10 persoas, máximo de 30
- Actividade gratuíta
- Visita guiada ao Santuario de Santa María das Ermidas
Visita ao santuario barroco de As Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural en 2006 e un dos monumentos máis singulares da comarca do Sil.
-
- Sábado 16 e domingo 17 de maio · 11.00 h
- As Ermidas (O Bolo)
- Actividade gratuíta
- Visita guiada ao Museo Yosso
Visita guiada ao museo do Bolo.
-
- Sábado 16 de maio · 12.15 h
- Museo Yosso (O Bolo)
- Prazas limitadas.
- 1 €/ adulto e menores de 12 a 18 anos. Menores de 6 a 12 anos: 0,50 €. Menores de 6 anos, gratis
- Parque natural Serra da Enciña da Lastra
Visita libre ao único espazo natural de Galicia con clima mediterráneo, no concello de Rubiá, con aciñeiras, sobreiras e a maior rede de cavidades subterráneas de toda a comunidade autónoma.
-
- Venres 15, sábado 16 e domingo 17 de maio
- 10.30 a 14.30 h e 16.00 a 19.30 h
- Visita libre e gratuíta
- Visita guiada ao Castelo do Bolo e ao Museo da Olaría do Seixo
Visita guiada ao castelo medieval do Bolo e ao Museo da Olaría do Seixo.
-
- Sábado 16 e domingo 17 de maio · 13.15 h
- Castelo do Bolo (O Bolo)
- Prazas limitadas.
- 1 €/ adulto e menores de 12 a 18 anos. Menores de 6 a 12 anos: 0,50 €. Menores de 6 anos, gratis
- Ruta polas montañas de Valdeorras
Rutas Xanzá propón unha ruta de case catorce quilómetros e medio en 4×4 e a pé desde O Barco de Valdeorras ata Pena Trevinca, o pico máis alto de Galicia. O percorrido pasa polo Pico Maluro, Campo Raso e o Crestón, con vistas aos vales glaciares do río Meladas e ao bosque de montaña Foio Castaño. Inclúe transporte, guía e seguros. Hai que levar roupa e calzado axeitados, bocadillo e auga.
-
- Sábado 16 de maio · 09.30 h
- Saída desde o Concello do Barco de Valdeorras
- Máximo 8 participantes
- 30 € por persoa
- Benestar entre viñedos de Valdeorras
Enoturismo Galicia organiza unha sesión de Meditación Dinámica da Alma (MDA) en plena natureza, rodeados de viñedos, combinada cunha visita guiada a Terriña Adegas e Viñedos con degustación de viños e petiscos. Non inclúe transporte.
-
- Sábado 16 de maio · 11.00 a 14.30 h
- Terriña Adegas e Viñedos (Petín)
- Grupo mínimo de 10 persoas, máximo de 15
- 47 € por persoa
- Primavera con burbullas na adega Berce de Escumosos
A primeira adega da D.O. Valdeorras especializada en viños escumosos ofrece un percorrido polo mundo das burbullas da man dunha sommelier, Embaixadora Española de Champagne e Formadora Homologada de Cava. Inclúe cata, degustación de escumosos, visita á cova de crianza e petiscos.
-
- Sábado 16 de maio · 12.30 h
- Bodega Roandi (O Barco de Valdeorras)
- 20 € por persoa
- Valdeorras a cegas: Historia, adega e cata a cegas
Adega Melillas e Fillos propón unha visita guiada ás súas instalacións, viñedos e a unha cova do século XVII, rematada cunha cata a cegas na que os participantes terán que adiviñar a variedade e o tipo de crianza só polo sabor e o olfacto.
-
- Sábado 16 de maio · 17.00 a 20.00 h
- Adega Melillas e Fillos (A Rúa)
- Grupo mínimo de 10 persoas, máximo de 20
- 40 € por persoa
- Visita á cova e á adega.
Cata de Viños Adega Alan de Val ofrece unha experiencia que combina a visita á súa antiga cova de elaboración, á adega actual e ao viñedo da contorna cunha degustación de tres referencias acompañadas de petiscos da zona. As reservas realízanse exclusivamente por teléfono ou WhatsApp.
-
- Sábado 16 de maio · 17.30 h
- Adega Alan de Val (A Rúa)
- 20 € por persoa
- Valdeorras: Unha historia por contar
Valdeorras é Viño organiza unha visita guiada desde o casco vello da Rúa ata a zona de covas As Pinguelas, con remate na Cova da Bodega Joaquín Rebolledo, onde se catarán un godello e un mencía acompañados de empanada e embutidos. Prazo máximo de reserva: 13 de maio.
-
- Sábado 16 de maio · 17.30 h
- Bodega Joaquín Rebolledo (A Rúa)
- Grupo mínimo de 6 persoas, máximo de 15
- 30 € por persoa
- Notas, aromas e acordes
SilFest propón unha maridaxe sonora no balcón de Bodega Roandi: a sommelier Mercedes González guiará unha cata con petiscos mentres o músico Tomás Porteiro interpreta en directo pezas seleccionadas.
-
- Sábado 16 de maio · 20.00 h
- Bodega Roandi (A Rúa)
- Aforo máximo de 40 persoas
- 25 € por persoa
- Cea-Cóctel
A Pontevella organiza unha cea cóctel con viños da D.O. Valdeorras amenizada con música e, se o tempo o permite, no xardín do establecemento sobre o río Sil.
-
- Sábado 16 de maio · 21.00 h
- A Pontevella (Carballeda de Valdeorras)
- Grupo mínimo de 25 persoas
- 36 € por persoa
- Merenda-degustación
A Rectoral de Seadur ofrece unha merenda con degustación de viños da D.O. Valdeorras na cova rehabilitada A Almendreira, en Seadur, con vistas ao val e petiscos da zona: embutidos, empanada e pementos asados.
-
- Sábado 16 e domingo 17 de maio · 18.00 h
- A Rectoral de Seadur (Larouco)
- 17 € por persoa
- 17 de maio: Letras Galegas na adega. Sesión vermú Primavera de Godello
Cova da Xabreira celebra o Día das Letras Galegas cunha sesión vermú con viño godello da propia adega.
-
- Domingo 17 de maio · 12.30 h
- Cova da Xabreira (Seadur)
- 12 € por persoa
- Ruta a San Xil e Pala de Cabras
Eco dos Teixos organiza un percorrido interpretativo de tres quilómetros pola ribeira do río San Xil ata a ermida e as pinturas rupestres de Pala de Cabras, as mellor conservadas de Galicia. Remata cun brinde con viño da D.O. Valdeorras. Imprescindible reserva previa.
-
- Domingo 17 de maio · 10.00 a 14.30
- Grupo máximo de 8 participantes
- Dificultade moderada. Idade mínima: 16 anos
- 28 € por persoa
Se queres coñecer todos os detalles da programación, horarios e actividades, podes descargar o folleto oficial ou contactar coa Ruta do Viño de Valdeorras:
Tel.: 604 078 753
Web: www.rutadelvinovaldeorras.com
Email: info@rutadelvinovaldeorras.com

