Percorre a Rías Baixas entre adegas, viñedos e albariño

Do venres 22 ao domingo 24 de maio, a Ruta do Viño Rías Baixas pon en marcha unha nova xornada de enoturismo enmarcada na “Primavera de Portas Abertas”. Sete rutas en autobús con saída desde Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela percorrerán as zonas do Rosal, O Condado e O Salnés, con paradas en adegas, lugares naturais e tempo libre para xantar.

Durante toda a fin de semana, adegas e pazos de toda a denominación abren as súas portas con propostas moi diversas para gozar do bo viño, da paisaxe atlántica e do mellor do litoral galego.

Percorre as Rías Baixas nos buses do viño

Cada ruta inclúe visitas a adegas e actividades relacionadas coa zona, coma un paseo en catamarán pola Ría de Arousa, unha visita ao Museo da Ciencia do Viño, etc. O guía turístico acompañará ao grupo durante toda a xornada, e o xantar terá lugar nun dos concellos adheridos á ruta.

O prezo é de 10 € por persoa adulta e 5 € para nenos de entre 3 e 13 anos. A comida non está incluída. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar con antelación en rutadelvinoriasbaixas.com.

O programa poderá sufrir modificacións segundo a dispoñibilidade dos espazos visitados, e algunha das rutas podería cancelarse se non se acada un mínimo de 12 participantes. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos.

Saídas programadas

Sábado 23 de maio

O ROSAL

  • 09.30 h – Pontevedra / 10.00 h – Vigo

Saída desde a Praza de Galicia-Hiperxel (Pontevedra) e desde a Rúa Cánovas del Castillo-CC A Laxe (Vigo) para visitar Bodegas Valmiñor e Lagar de Fornelos, o Monte Santa Trega, con tempo libre para xantar na Guarda.

O CONDADO

  • 09.15 h – Santiago de Compostela

Saída desde a Rúa da Rosa para visitar Adegas As Laxas, Señorío de Rubiós e Fillaboa, con tempo libre para xantar en Salvaterra de Miño.

  • 09.30 h – Pontevedra / 10.00 h – Vigo

Saída desde a Praza de Galicia-Hiperxel (Pontevedra) e desde a Rúa Cánovas del Castillo-CC A Laxe (Vigo) para visitar Pazo de Almuíña, Viña Nora e o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, con tempo libre para xantar en Salvaterra de Miño.

O SALNÉS

  • 09.45 h – Vigo / 10.15 h – Pontevedra

Saída desde a Rúa Cánovas del Castillo-CC A Laxe (Vigo) e desde a Praza de Galicia-Hiperxel (Pontevedra) para visitar Torre Penelas e Adega Eidos, con paseo en catamarán pola Ría de Arousa e tempo libre para xantar en Sanxenxo.

  1. 10.00 h – Santiago de Compostela

Saída desde a Rúa da Rosa para visitar Adegas Terra de Asorei e Bouza de Carril, con paseo en catamarán pola Ría de Arousa e tempo libre para xantar en Cambados.

  1. 09.45 h – Vigo / 10.15 h – Pontevedra

Saída desde a Rúa Cánovas del Castillo-CC A Laxe (Vigo) e desde a Praza de Galicia-Hiperxel (Pontevedra) para visitar Lagar de Besada e Casa da Barca, con sesión de marisqueo con Guimatur e tempo libre para xantar en Cambados.

  1. 09.45 h – Vigo / 10.15 h – Pontevedra

Saída desde a Rúa Cánovas del Castillo-CC A Laxe (Vigo) e desde a Praza de Galicia-Hiperxel (Pontevedra) para visitar Paco & Lola, Lagar da Cachada e Martín Códax, con tempo libre para xantar en Cambados.

Os itinerarios poden sufrir modificacións por causas alleas á organización, que tamén se reserva o dereito a cancelar calquera ruta se non se acada un mínimo de 10 participantes. Os horarios de regreso son orientativos.

Programa especial de actividades

Máis alá das rutas dos buses do viño, a programación deste ano inclúe actividades e experiencias para coñecer toda a riqueza que ofrecen as Rías Baixas:

  • Cambados de Asorey e Cabanillas: unha viaxe pola capital do albariño a través de Ramón Cabanillas e Francisco Asorey.

Adegas Terra de Asorei recíbenos cunha copa de albariño de benvida e, a continuación, trasladámonos a Cambados para percorrer os espazos ligados a Francisco Asorey e Ramón Cabanillas. De volta á adega, cata dos albariños “Madre y Señora” e “Terra de Asorei” con pinchos.

    • Venres 22 de maio · 17.00 a 19.00 h
    • Adegas Terra de Asorei (Cambados)
    • Desprazamento por conta do visitante
    • Grupo mínimo de 10 persoas
    • 40 € por persoa
  • Experiencia Pazo Señoráns

Visita guiada á adega, viñedo, destilería, pazo e capela, seguida dunha cata de viños e augardentes, incluído “Alma de Señoráns”, unha augardente envellecida doce anos en barrica, todo harmonizado con queixos galegos.

    • Venres 22 de maio · 10.30 h e 16.00 h · Sábado 23 de maio · 10.30 h
    • Pazo Señoráns (Meis)
    • Capacidade limitada
    • 50 € por persoa
  • Visita ao Pazo de Fefiñáns e cata de augardentes e licores

Percorrido polo Pazo de Fefiñáns, do século XVII, e polo seu centenario bosque e viñedos. Na destilería artesá de Bodega Gil Armada descubriremos os segredos dos destilados, e remataremos cunha degustación de cinco produtos seleccionados, entre eles augardentes con Indicación Xeográfica Protexida e licores únicos.

    • Venres 22 e sábado 23 de maio · 12.00 h
    • Pazo de Fefiñáns (Cambados)
    • 20 € por persoa
  • Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea

Visita ás instalacións do museo con degustación de viño incluída.

    • Venres 22, sábado 23 e domingo 24 de maio · 11.00 a 14.00 h e 17.00 a 19.00 h
    • Entrada individual: 5 € adulto · 3 € maiores de 65 anos · 2 € menores de 6 a 18 anos
    • Entrada grupo (máis de 15 persoas): 3 € adulto · 2 € maiores de 65 anos · 1 € menores de 6 a 18 anos
  • Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”

Visita guiada ás instalacións do centro, dedicado a dous dos produtos máis singulares do val do Miño.

    • Venres 22 e sábado 23 de maio · 11.00 a 14.00 h e 16.00 a 19.00 h · Domingo 24 de maio · 11.00 a 14.00 h
    • Actividade gratuíta
  • Visita gourmet especial de queixos galegos

Percorrido pola historia de Adega e Viñedos Paco & Lola e maridaxe de tres viños da adega con tres queixos galegos.

    • Venres 22, sábado 23 e domingo 24 de maio · 13.00 h
    • Adega e Viñedos Paco & Lola
    • Capacidade limitada, imprescindible reserva previa
    • 22 € por persoa
  • Cata a cegas

Visita aos viñedos e á adega de Pazo Baión para descubrir como se elaboran os albariños da finca e coñecer a súa historia, e remate cunha cata a cegas de tres albariños con maridaxe.

    • Sábado 23 de maio · 10.00 h
    • Pazo Baión
    • 30 € por persoa
  • Obradoiro de fotografía

De man de Andrea Area, aprenderemos a dominar os parámetros manuais da cámara e a mellorar as imaxes con técnicas de composición e iluminación continua, nunha contorna privilexiada. Inclúe visita á adega e degustación de albariño. Material necesario: cámara réflex, mirrorless ou móbil con modo manual.

    • Sábado 23 de maio · 10.30 a 15.00 h
    • Adega Eidos (Sanxenxo)
    • Prazas limitadas
    • 45 € por persoa
  • Viños e queixos de España

Visita ás instalacións de Bodegas Vionta, copa de benvida incluída, nun percorrido polo viñedo e a adega, pertencente ao grupo Ferrer Wine. Cata de tres viños das D.O. Rías Baixas, Ribera del Duero e Rioja harmonizada con queixos representativos de cada territorio.

    • Sábado 23 de maio · 11.00 h
    • Bodegas Vionta (Meaño)
    • 25 € por persoa
  • Obradoiro “Cociñando con viño D.O. Rías Baixas”

Obradoiro de cociña dirixido por unha profesora especializada para preparar un primeiro, un segundo e sobremesa, todo elaborado con viños brancos e tintos da D.O. Inclúe degustación do cociñado, nun ambiente agradable rodeado dos viñedos do val do Salnés.

    • Sábado 23 de maio · 12.00 h (duración estimada: tres horas)
    • Quinta de San Amaro (Meaño)
    • Grupo máximo de 12 persoas
    • 65 € por persoa
  • Sesión Wine Truck

Degustación de viños e petiscos amenizada con música no exterior das instalacións de Adegas Valmiñor. Os viños serán servidos no seu wine truck.

    • Sábado 23 de maio · 11.00 h
    • Adegas Valmiñor (Tui)
    • 8 € por persoa (inclúe dúas copas de viño)
  • Ruta de sendeirismo

Bodegas Señorío de Rubiós propón un percorrido a pé de dous quilómetros e medio polo sendeiro dos Muíños do río Xuliana, con visita guiada á adega e degustación de dous dos seus viños ao remate.

    • Sábado 23 de maio · 12.00 h
    • Rubiós (As Neves)
    • 23 € por persoa

Se queres coñecer todos os detalles da programación, horarios e actividades, podes descargar o folleto oficial ou contactar coa Ruta do Viño Rías Baixas:

Tel.: 687 523 230
Web: www.rutadelvinoriasbaixas.com
Email: info@rutadelvinoriasbaixas.com



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *