Actividades de enoturismo na Ruta do Viño de Monterrei

Do 8 ao 10 de maio, a Ruta do Viño de Monterrei celebra unha nova edición da “Primavera de Portas Abertas”, unha proposta de enoturismo impulsada por Turismo de Galicia que invita a descubrir unha das zonas vitivinícolas con máis personalidade de Galicia.

Durante toda a fin de semana, os visitantes poderán gozar de visitas guiadas a adegas, degustacións de viños da D.O. Monterrei, actividades gastronómicas, rutas culturais e experiencias pensadas para coñecer de preto a tradición, a paisaxe e a historia desta comarca do interior galego. Un plan perfecto para desconectar, gozar do viño e deixarse sorprender polo encanto de Monterrei.

Súbete aos buses do viño

O sábado 9 de maio organizaranse diferentes rutas en autobús con saída desde Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e Ourense. Unha forma cómoda e diferente de descubrir adegas, patrimonio e algúns dos recunchos máis emblemáticos da comarca.

Durante toda a xornada, os participantes estarán acompañados por un guía turístico. O programa poderá sufrir modificacións segundo a dispoñibilidade dos espazos e establecementos visitados. Así mesmo, algunha das rutas podería cancelarse se non se acada un mínimo de 10 participantes.

Recoméndase levar calzado cómodo ou deportivo e ter en conta que a comida non está incluída no prezo. A actividade ten un custo de 10 € por persoa adulta e 5 € para nenos de entre 3 e 13 anos.

Saídas e rutas programadas

  • 07:00 h – A Coruña
    Saída desde a parada de autobús de Entrexardíns para visitar Adegas Daniel Fernández e Pazo de Valdeconde, os lagares rupestres de Oímbra, os mananciais de augas mineromedicinais de Verín, unha ruta urbana por Verín e tempo libre para comer.
  • 08:00 h – Santiago de Compostela
    Saída desde o Colexio La Salle para visitar Adegas Triay e Vía Arxéntea, os lagares rupestres de Oímbra, a igrexa prerrománica de Mixós, unha ruta urbana por Verín e tempo libre para comer.
  • 08:00 h – Vigo
    Saída desde a Praza de España para visitar Pazo de Valdeconde e Adegas Triay, os mananciais de augas mineromedicinais de Verín, unha ruta urbana por Verín, os lagares rupestres de Oímbra e tempo libre para comer.
  • 08:00 h – Vigo
    Saída desde a Praza de España para visitar Vía Arxéntea e Adegas Ladairo, os mananciais de augas mineromedicinais de Verín, unha ruta urbana por Verín, a Ruta Europea da Castaña, o Reitoral da Chaira —Centro de Interpretación da Castaña— e tempo libre para comer.
  • 09:30 h – Ourense
    Saída desde o Parque San Lázaro para visitar Adegas Ladairo e Adegas Daniel Fernández, os mananciais de augas mineromedicinais de Verín, unha ruta urbana por Verín, Cidadella (Vilardevós) e tempo libre para comer.

Programa especial de actividades

Ademais das visitas a adegas e das rutas en autobús, a programación inclúe diferentes actividades gratuítas para seguir descubrindo a riqueza gastronómica e cultural de Monterrei.

  • Armonía Monterrei & Conservas do Mar

Obradoiro de harmonías no que se descubrirá o potencial gastronómico dos viños da Denominación de Orixe Monterrei combinados con distintas conservas elaboradas con produtos do mar.

Venres 8 de maio · 20:00 h
Salón de Actos do CPR Apostólico Mercedario (Verín)
Actividade gratuíta

  • Armonía Monterrei & Queixos

Obradoiro gastronómico dedicado aos maridaxes entre os viños da D.O. Monterrei e diferentes queixos emblemáticos de España.

Sábado 9 de maio · 20:00 h
Salón de Actos do CPR Apostólico Mercedario (Verín)
Actividade gratuíta

  • Túnel do Viño: Añadas D.O. Monterrei

Unha experiencia para coñecer viños de distintas adegas integradas na Ruta do Viño de Monterrei. O túnel estará organizado por añadas e permitirá descubrir as características climáticas de cada colleita desde 2021, poñendo en valor o territorio e a evolución dos seus viños.

Domingo 10 de maio · 12:00 h
Salón de Actos do CPR Apostólico Mercedario (Verín)
Actividade gratuíta

  • Ruta dos Lagares Rupestres

Percorrido cultural e paisaxístico polo patrimonio vitivinícola do concello de Oímbra, onde se conserva a maior concentración de lagares rupestres de Galicia. Estas estruturas escavadas na rocha eran utilizadas na época medieval para o pisado e prensado da uva e representan unha parte fundamental da tradición vitivinícola de Monterrei.

Visita libre
Concello de Oímbra
Actividade gratuíta

Se queres coñecer todos os detalles da programación, horarios e actividades, podes descargar o folleto oficial ou contactar coa Ruta do Viño de Monterrei:

Tel.: 988 590 007
Web: Ruta do Viño de Monterrei
Email: rutavinomonterrei@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *