A gastronomÃa da provincia de Pontevedra está estreitamente vinculada ao consumo de produtos procedentes do mar. En especial, algúns dos municipios desta zona, son recoñecidos pola súa oferta culinaria e por suposto, por celebrar festas de interese autonómico en honra aos seus produtos e especialidades.
As ostras de Arcade

Esta localidade pontevedresa é coñecida pola calidade das súas ostras. Un manxar esencial en calquera mariscada que se prece, que aquà cobra especial relevancia na afamada Festa da Ostra de Arcade que se celebra desde 1987.
Grazas á mestrÃa de mans expertas, o mellor é probalas recentemente abertas, servidas ao momento, en cru e cun pouquiño de limón. AnÃmaste a probalas? Ten en conta que o mes de abril é a mellor época para a súa degustación.
As ameixas do Carril

Seguimos coa selección de mariscos que asolagan as RÃas Baixas. Se estás no Carril, en VilagarcÃa de Arousa, non podes irte sen probar as ameixas criadas nos areais da zona.
Unha das receitas que máis triunfan entre os comensais e amantes deste produto é a especialidade de ameixas á mariñeira. Cebola, allo, fariña, aceite de oliva, perexil fresco e por suposto, un bo albariño, son os ingredientes necesarios para conseguir un sabor excepcional.
Sopa de ostras ao estilo de Lérez
AÃnda que unha das formas máis comúns de consumir este produto é en cru e con limón, tamén debemos destacar o extraordinario sabor que nos deixa a receita da sopa de ostras ao estilo de Lérez.
Un caldo básico e sinxelo que non perde nin ápice das cualidades gustativas deste molusco. Para a súa preparación machúcanse as ostras ata conseguir unha pasta que se integre na auga resultante da cocción das propias ostras. O resultado é un prato de culler cun espectacular sabor a mar, que non deixa indiferente a ninguén.
A lagosta con chocolate de Picadillo

Xeralmente, a lagosta en Galicia sérvese cocida e acompañada con algún tipo de salsa ou vinagreta. Co tempo, xurdiron algunhas receitas enxeñosas que incorporaron mesmo chocolate, perdiz e lebre ao ingrediente principal.
En concreto referÃmonos á proposta do gastrónomo, escritor e polÃtico galego Manuel MarÃa Puga e Parga -tamén coñecido como Picadillo- que recibiu os encomios do mismÃsimo Cunqueiro. O punto de referencia na comunidade para probar este boÃsimo crustáceo nas súas diferentes versións, atópase na localidade da Guarda, que cada ano celebra a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira.
Torta Llanderas de Vigo
A sobremesa, en en este caso, atopámola na cidade de Vigo. A torta Llanderas é un doce creado por un pasteleiro local aproximadamente nos anos 50. Aà é nada. Un doce con anos de tradición que, como non podÃa ser doutra maneira, foi protagonista de numerosas festas e celebracións dos vigueses.
O segredo da receita está no seu interior. Conta cunha base de galleta dura e crocante de améndoa, azucre e clara de ovo. Sobre ela esténdese de forma uniforme unha capa de crema de manteiga, outro piso de galleta e sobre este, unha capa cobertora de crema de manteiga. Finalmente adórnase con finas láminas de améndoa, uns cuantos canutillos de chocolate e, listo.
A que esperas? Empeza o bo tempo, as terrazas xa están preparadas e despois de coñecer estes pratos, só tes que achegarte e probalos mentres gozas da contorna da provincia de Pontevedra.
