Castaños centenarios e construcións de pedra marcadas polos efectos do paso do tempo e os esforzos da natureza por recuperar o espazo arrebatado polo home dan forma no corazón do Courel a unha paisaxe de gran valor ambiental e etnográfico. Estamos no Souto do Mazo, un bosque de castiñeiros que garda o testemuño da importancia que estas árbores tiveron desde tempos inmemoriais para a poboación desta e outras zonas de Galicia. A madeira, a cortiza, as follas… todas as partes destas árbores eran de gran utilidade para os habitantes do lugar, pero a castaña sobresaÃa entre todas elas.Â
Â
O lÃmite dos municipios da Pobra do Brollón e Folgoso do Courel garda unha das concentracións de castiñeiros máis grandes e mellor conservados da Comunidade galega e as edificacións adxacentes denominadas sequeiros, permÃtennos lembrar como se facÃa o aproveitamento das súas prezadas castañas. Son por tanto unha porta aberta ao pasado e a unha actividade que durante moito tempo constituÃu un dos principais sustentos da poboación local.
Â
Non son os únicos que existen en Galicia, pero os doce sequeiros do Mazo compoñen un conxunto singular que nos últimos anos foi posto en valor para evitar a súa desaparición, preservar o seu legado e convertelo nun atractivo turÃstico. Cada un dos sequeiros, que era identificado co nome da familia propietaria, servÃa de espazo para o almacenamento e o secado das castañas procedentes das árbores situadas nas súas inmediacións. DistribuÃdo en dúas alturas, o sequeiro servÃa tamén de refuxio e lugar de descanso para a persoa encargada de colleitar e procesar as castañas: o secador. Este tiña a responsabilidade de recoller as castañas en sacos e transportalas ata o sequeiro. Despois dispoñÃaas coidadosamente na planta superior, denominada caniceira e cuxo chan estaba formada por láminas lixeiramente separadas entre si. A continuación prendÃa un lume na planta inferior (remoleiro) para permitir que a calor e o fume secasen as castañas ao ascender ata a caniceira. Esa fogueira permitÃalle ademais protexerse do frÃo da montaña durante as dúas ou tres semanas que necesitaba para completar o secado. O proceso concluÃa coa introdución das castañas xa secas en sacos e o seu golpeo contra un tronco para separar a pel do froito.Â
Â
Hai xa unha década que os secadores levaron a cabo por última vez esta forma tradicional de colleitar e procesar as castañas, pero os traballos de acondicionamento e sinalización dos sequeiros (e das nove cabanas próximas que servÃan para gardar cabras) levados a cabo nos últimos anos converten o lugar nun destino ideal para os amantes da natureza e a etnografÃa. Paseando entre os castiñeiros e asomándose ao interior das vellas construcións é posible imaxinar como era o traballo que alà tiña lugar e revivir un anaco da historia do Courel. Para chegar ata alà hai que tomar a estrada que une A Pobra do Brollón e Folgoso do Courel e facer un alto no camiño pouco despois da aldea de Mazo Santigoso.Â
Â
Â
Â
