Os rÃos e camiños de Galicia están repletos de pontes antigas que sobreviviron ata os nosos dÃas para que poidamos gozar da súa beleza e do seu valor arquitectónico e patrimonial. Pero tamén para preservar un importante valor inmaterial como recordatorios de historias, fábulas e ritos. Neste blog queremos convidarte a coñecer algunhas destas pontes de lenda.
Â
Ponte do Demo
Silleda e Vila de Cruces
O nome desta ponte de construción medieval e un só arco levantada sobre o rÃo Deza e situada nas inmediacións do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro non é casual. Conta a lenda que foi o propio demo quene o levantou tras chegar a un trato cos monxes, cansados de ver como as crecidas causaban danos aos viadutos levantados por eles mesmos anteriormente. Os monxes comprometéronse a entregar ao diaño a alma dos falecidos durante unha xornada dominical, pero chegado o dÃa, prolongaron os rezos durante toda a xornada para evitar asà cumprir o acordado.Â
Â
Ponte de Pontedeume
Pontedeume
AÃnda que hoxe en dÃa a denominación da vila de Pontedeume está claramente ligada ao rÃo que baña as súas terras, o Eume, tamén aquà hai espazo para a lenda. Neste caso, o relato que chegou ata os nosos dÃas fala de que o monumental viaduto que une ese municipio e Cabanas foi construÃdo polo diaño para facerse coa alma dunha fermosa moza que posuÃa terras en ambas beiras e que quedara atrapada na ribeira oposta ao seu castelo tras ser sorprendida por unha súbita crecida do rÃo. Do mesmo xeito que no caso anterior, o diaño tamén foi burlado e daquel episodio só quedarÃa a denominación Ponte do Demo aÃnda que reconvertida co pasar dos séculos en Pontedeume.
Â
Ponte GatÃn
Becerreá
A intervención do diaño está presente tamén na lenda que deu nome a este paso sobre o rÃo Navia situado no municipio lucense de Becerreá. O leito do rÃo separaba a unha parella de namorados que pactaron co demo entregarlle un bebé se este construÃa unha ponte que lles permitise reunirse. O diaño accedeu e levantou o viaduto, pero a parella para non ter que entregarlle ao fillo que esperaban deulle uns gatos recentemente nados. De aà o nome do lugar.
Â
Ponte do Pasatempo
Mondoñedo
Antigamente coñecida como Ponte dos Ruzos, este viaduto situado no lÃmite da vila de Mondoñedo debe a súa denominación actual a un relato no que a historia e a lenda mestúranse e que o liga directamente co tráxico final do Mariscal Pardo de Cela. Este famoso nobre foi condenado á morte polos Reis Católicos por enfrontarse a eles, e aÃnda que a súa esposa, Isabel de Castro, conseguiu que fose indultado non chegou a tempo para entregar o documento e evitar a execución. A demora produciuse, precisamente, na devandita ponte. Conta a lenda que os cóengos de Mondoñedo, inimigos do Mariscal, entretiveron alà a Isabel de Castro o tempo suficiente para impedirlle facer chegar a noticia do indulto e lograr que a condena fose cumprida.Â
Â
Ponte das Febres
Tui
Tamén neste caso a historia e a lenda danse a man para explicar a denominación deste pequeno viaduto situado nos arredores de Tui, no antigo camiño que se dirixÃa a Compostela e por onde hoxe seguen transitando os peregrinos do Camiño Portugués. As febres que lle dan nome son as da enfermidade que obrigou a San Telmo a interromper a súa viaxe cara a Santiago e que provocarÃan, poucos dÃas máis tarde, a súa morte. A ponte serÃa o lugar onde sentiu os efectos da enfermidade. Chegado alà decidiu cancelar a peregrinación e regresar á cidade da que posteriormente foi nomeado patrón.
Â
Ponte da Ramallosa
Nigrán e Baiona
A figura de San Telmo está ligada, asà mesmo, ao viaduto medieval que une os municipios de Nigrán e Baiona. Neste caso, a lenda conta que unha gran tormenta azoutou o lugar mentres o santo estaba a predicar ante os fieis. Os presentes trataron de fuxir asustados, pero o santo logrou abrir un claro entre as nubes e evitar que a ponte sufrise os efectos da tormenta. Non é esta a única lenda que inspirou este viaduto. A ponte foi tamén, en tempos, escenario de ritos de fecundidade.Â
Â
Ponte dos Padriños
Ribadumia e Vilanova de Arousa
A ponte que une as dúas metades do lugar de Ponte Arnelas separadas polo rÃo Umia é tamén un lugar relacionado con antigas prácticas de fecundidade. E son eses ritos os que propiciaron que o viaduto sexa coñecido como Ponte dos Padriños. Segundo a tradición, aquelas mulleres que non puidesen levar a bo termo embarazos anteriores debÃan dirixirse á ponte e pedir ao primeiro home que a cruzase que vertese sobre o seu ventre auga do rÃo Umia. Despois celebrábase unha pequena festa no lugar e arroxábase a vaixela ao rÃo. Se o embarazo concluÃa de forma positiva o descoñecido convertÃase en padriño do bebé.
Â
A Ponte Maceira
Ames e Negreira
Situado en pleno Camiño de Fisterra, o viaduto da Ponte Maceira está vencellado cunha lenda relacionada co Apóstolo Santiago. O relato explica que un grupo de discÃpulos que escaparan do cativerio romano cruzaron o rÃo Tambre por un viaduto, a Ponte das PÃas, que veu abaixo cando os lexionarios que trataban de darlles caza estaban a atravesala. AÃnda que son varias as localizacións nas que foi situado este episodio, a vinculación da Ponte Maceira co fenómeno xacobeo propiciou que neste lugar callase con especial intensidade esa suposta relación coa antiga Ponte das PÃas.
Â
Ponte do RÃo Furelos
Antas de Ulla
Contan que nunha das pedras desta ponte situada sobre o rÃo que lle dá nome é posible ver a contorna dunha man. É, segundo a lenda, a pegada que deixou o mouro (personaxe da mitoloxÃa galega) que construÃu a ponte por encargo dos veciños. O mouro finalizara a obra deixando unha pedra mal colocada para que a estrutura tremese co obxectivo de obrigar aos aldeáns para pagarlle de novo pola reparación. Ao ver que a estrataxema tivera efecto repetiuna con éxito varias veces. Pero cando os veciños se decataron do que ocorrÃa decidiron escarmentalo quentando con lume a pedra mal colocada de tal maneira que cando o mouro se dispuxo a movela queimouse a man, que quedou alà gravada.
Â
A Ponte das Partidas
Ponteareas
Dous relatos lendarios xa mencionados converxen nesta ponte medieval levantada sobre o rÃo Tea. Un deles dinos que foi construÃdo polos mouros e o outro remÃtenos ao rito de fertilidade segundo o cal a muller que querÃa levar a bo termo o seu embarazo tiña que pedir a un descoñecido que vertese auga do rÃo sobre o seu ventre. Do mesmo xeito que noutros lugares, a lenda aquà tamén inclúe unha pequena festa, a vertedura ao rÃo dos restos das celebración e o apadriñamento do neno por parte do descoñecido. Ademais, a orixe do nome da ponte tamén se move nese terreo a medio camiño entre a historia e a lenda. Hai quen sostén que é coñecido como ponte das Partidas porque era o lugar habitual de reunión dun grupo de ladróns para repartir o seu botÃn, pero outros defenden que debe esa denominación ao feito de servir de lugar de encontro dun grupo de cabaleiros antes de partir cara á loita.Â
