Santiago Apóstolo

Santiago de Compostela (A Coruña)
Santiago de Compostela (A Coruña)

O vinte e cinco de xullo é a festa maior de Galicia, que ten como referencia do verán a Santiago de Compostela e á súa catedral. Aquí converxen antiquísimos camiños e tradicións que crean Europa. Toda festa ou romaría de Galicia é unha ancestral chamada a consolidar o grupo arredor de elementos sacros e profanos con forte simbolismo. Á media noite da véspera do “Día do Apóstolo”, no Obradoiro, ten lugar a sesión de fogos de artificio, coa tradicional queima da fachada do Obradoiro. Unha proba máis do culto ancestral aos coloristas fenómenos ígneos, guiados por pirotécnicos neste escenario de arte. A fantasía de luces, cores e creatividade potencia o barroquismo pétreo que caracteriza a histórica arquitectura compostelá.

O vinte e cinco realízase a solemne ofrenda ao Apóstolo na catedral e polas rúas desfilan os cabezudos con música tradicional e concertos nas prazas. Romaría nas carballeiras, baixo o abovedado de centenarios carballos. As festas do Apóstolo sintetizan e centran o sentir galego, a chamada e o encontro solidario no escenario da historia.

Festa declarada de Interese Turístico Internacional.

View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *