Coñeces os Produtos con Indicación Xeográfica Protexida da nosa comunidade? A Faba de Lourenzá é un dos produtos que se atopan nesta listaxe. AÃnda que, non cabe dúbida que a nosa gastronomÃa conta con boa fama, tamén é interesante apuntar que, quizais, gran parte deste mérito débese á calidade das materias primas que se usan no receitario galego.
Xusto o que ocorre coa Faba de Lourenzá. Un tipo de xudÃa seca que se produce na Mariña Luguesa, onde se dan unhas condicións favorables para o cultivo desta variedade. O resultado é un gran brillante, de pel fina e polpa tenra que calquera padal catalogarÃa como manxar. Desde logo, un sabor caracterÃstico que temos que probar nalgún momento das nosas vidas.
AÃnda que o cultivo da faba vén de lonxe, hoxe en dÃa a súa produción adecúase ás novas necesidades e incorpora procesos de calidade precisos para optar ao distintivo.  En concreto, o distintivo abarca os cultivos dos municipios de Alfoz, Barreiro, Burela, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Xove e por suposto, Vilanova de Lourenzá.
En canto ao proceso de especialización, este vira arredor de dúas variedades: a Faba Galaica e a Faba do Marisco. Unha evolución que vén marcada principalmente pola demanda de produtos de maior calidade por parte dos consumidores.
Para coñecer en profundidade, tanto a historia como as caracterÃsticas deste produto, unha boa forma de facelo é emprendendo a Ruta da Faba de Lourenzá (http://bit.ly/RutaDaFaba). Un percorrido que vira arredor da arte, a natureza, a gastronomÃa e o cultivo da  Faba de Lourenzá.
A ruta inclúe: visitas guiadas polo patrimonio artÃstico da zona como o Mosteiro e a Igrexa de San Salvador de Lourenzá, o Pazo de Tovar ou o Museo Sacro; paseos pola área Recreativa  do MuÃño do Pereiro ou o Miradoiro da Valiña; aproximación ao cultivo e procesado da Faba de Lourenzá en cooperativas ou no Centro de Interpretación da Faba e, por suposto, a degustación do produto en cuestión e outros tamén tÃpicos da zona.
Con todo, probases ou non esta delicia, é posible que esta proposta che interese. Infórmate e reserva no 683 401 856 ou no correo electrónico info@mariñactiva.com, para vivir unha experiencia culinaria única e diferente xunto ao excepcional patrimonio arquitectónico e natural co que conta a Mariña Luguesa.
Non fai falta pensalo moito. ¿Non crees?
