Non sabes que facer a semana do 29 de abril ao 7 de maio? Aquà che deixamos a solución!
Goza dos primeiros dÃas de maio con estas propostas máis que interesantes.
Festa da Filloa de Muimenta
1 maio – Cospeito

A Festa da Filloa de Muimenta naceu como iniciativa para recadar fondos para a organización da Mostra Exposición de Muimenta, certame de carácter gandeiro. Grazas ao éxito do evento, os habitantes da zona devolveron á filloa ao lugar que lle correspondÃa na gastronomÃa da zona. Unha xornada de convivencia para toda persoa que se anime a gozar deste dÃa, que coincide co DÃa do Traballador. Filloeiras e filloeiros da zona elaboran este produto estrela para acompañar ao churrasco e aos chourizos crioulos, o complemento gastronómico tÃpico da festa. Tamén asisten artesáns, zoqueiros, ferreiros ou cesteiros para vender as súas creacións e facer demostracións dos seus oficios.
Feira Exposición Exaltación do Viño do Ribeiro
Do 3 ao 5 de maio – Ribadavia

Desde 1963 celébrase esta festa dedicada ao viño do Ribeiro, elemento de identidade desta comarca ourensá. Unha oportunidade para coñecer e catar a gran variedade de caldos da D.O. e as súas sorprendentes combinacións de aromas. Todo aquel que se anime, poderá participar nun concurso de cata popular, ou facer as súas compras no mercado artesanal instalado na coñecida praza da Magdalena. Por se fose pouco, tamén haberá animacións musicais, exposicións de maquinaria agrÃcola e moito máis!
Festa dos Maios de Ourense
5 de maio – Ourense

Antigamente, con esta festa os galegos celebraban a chegada da primavera e o final do inverno. Desta maneira, propiciaban a obtención de boas colleitas. Hoxe en dÃa, os maios son a última manifestación folclórica que se festexa en Galicia para despedir o inverno. Son figuras tÃpicas, entre as que domina a forma cónica ou piramidal, fabricadas con armaduras de varas ou canas, recubertas con elementos naturais como musgo, paus ou flores silvestres. Tamén se crean pezas máis artÃsticas en forma de monumentos, hórreos, barcos, etc. Ao redor delas cántanse coplas, cancións irónicas e crÃticas con feitos ou personaxes de actualidade. Ademais, na Alameda do Concello, convócase un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais.
Vas estar esta semana en Galicia? Pois apunta estas citas na túa axenda!
