Houbo unha época na que falar do Sil era falar de ouro. Parece que mesmo o nome, que en latÃn significa ocre, nos remita a terras douradas. O certo é que deben ser nutritivas as augas deste rÃo, pois ao seu paso sucédense parques naturais e zonas protexidas, paisaxes incribles para desfrutar e conservar.
O Sil é o segundo rÃo máis importante de Galicia, detrás do Miño, no que desemboca. Acada os 234 km de lonxitude, dos que 119 corresponden a Galicia. Comeza o seu camiño en La Cueta, que está na Reserva da biosfera de Babia, na provincia de León. Preto desta localidade, a uns 2 km, están as fontes que orixinan o Sil, ao pé da Peña Orniz, a máis de 1.000 m. Despois de pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo, na provincia de León, entra en Galicia pola comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense.
Chegamos a outra zona de gran riqueza ecolóxica: o Parque nacional da Enciña de Lastra, no concello de Rubiá. A paisaxe está dominada por cumes de rocha calcaria, que non se acostuman a ver na nosa comunidade, con alturas moi importantes, como as de Pena Falcoeira ou os Penedos de Oulengo. Esta peculiaridade, engadida á presenza de moitas palas (grutas), cunha gran poboación de morcegos, por certo, fan deste un destino de grande interese xeolóxico. A flora da zona tampouco é a que adoitamos ver por aquÃ, pois é de tipo mediterráneo, con sobreiras, rebolos, oliveiras, tomiñais, aciñeiras… Ademais, coa chegada da primavera, podemos atopar até 25 especies distintas de orquÃdeas silvestres.

Entre estas montañas avanza o Sil sorteando fortes desniveis. Por aquà pasan varias vÃas romanas, entre elas a VÃa Nova ou XVIII, a que Ãa de Braga a Astorga. Tamén hai unha ruta de sendeirismo, a Ruta do Val do Sil, de 5 km, que vai paralela ao rÃo desde o miradoiro de Covas e Vilardesilva, entre grandes exemplares de aciñeiras.
Seguindo o curso do Sil chegamos ao Barco de Valdeorras. O rÃo entra no concello moi encaixado para ir abrÃndose nun gran val, onde recibe as augas de varios afluentes e regos. Tamén continúa por aquà a VÃa Nova, asà como o Camiño de Inverno, que nos seguirá acompañando ata Quiroga.
Un dos lugares máis tÃpicos para pasear polo Barco é o Malecón: máis de 1 km de percorrido sinalizado pola beira do rÃo, que inclúe praia fluvial, área de lecer, zonas verdes e terrazas para tomar algo.
Nos edificios do Barco apréciase a pedra vermella caracterÃstica da zona. Outras cousas que ver alà son: o mosteiro de San Miguel de Xagoaza, hoxe adega; o casco vello; a casa grande de Viloria; o conxunto monumental do Castro e as curiosas covas, que son adegas tradicionais escavadas na terra.

Tamén hai moita afección aos deportes náuticos. De feito, no mes de maio celébrase o Campionato de Augas Bravas e, o dÃa das festas patronais, o 14 de setembro, o Descenso do Sil.
RÃo abaixo, a 14 km, encontramos o encoro de San Martiño, nunha zona de chaira fértil de clima mediterráneo. Na marxe esquerda está PetÃn e, na dereita, A Rúa. O pantano esténdese entre os dous concellos como unha lagoa, con até 15 illotes, constituÃndo un auténtico refuxio de aves acuáticas. SaÃndo de San Martiño, a 400 m, o Sil é cruzado entre A Rúa e PetÃn pola Ponte da Cigarrosa, de orixe romana, por onde Ãa a VÃa Nova. E, antes de seguir rumbo ao noroeste, pasando á provincia de Lugo, haberá que tomarse un viño de Valdeorras cun polbo á feira, por exemplo, que é moi de aquÃ.

Na comarca de Quiroga, xa en Lugo, pouco antes da confluencia co Bibei, agárdanos o túnel de Montefurado, na Pena do Corvo, testemuña do aproveitamento dos recursos do Sil polos romanos. O monte foi esburacado baixo o mandato de Traxano no século II, para redirixir o curso do rÃo, evitando un meandro pechado e deixando ao aire a zona de sedimentos, facendo asà más doada a extracción de ouro. Un sistema semellante ao ruina montium, no que facÃan estoupar as montañas perforando canais no seu interior e enchéndoos de auga.

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel comprende toda esta zona, que ten un patrimonio xeolóxico moi rico, con exemplos de estruturas xeolóxicas, fósiles, vestixios da explotación mineira…Precisamente, en Quiroga podemos visitar o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico. Outros puntos de interese son: a aldea da Seara, no corazón da Serra do Courel, a fervenza de Vieiros, a Lagoa de Lucenza, o muÃño de aceite de Bendilló, o Castelo das Novaes, a igrexa da Ermida ou o conxunto histórico do Hospital.
Tamén nestes lares hai viños, mais aquà xa non estamos a falar da D.O. Valdeorras, senón da D.O. Ribeira Sacra. Neste tramo final do Sil, o rÃo avanza nun profundo canón, entre ladeiras granÃticas e plantacións de viñedos, cun microclima que fai que os viños se dean moi ben. Para gozar das vistas desde todos os ángulos, o mellor é facer unha das rutas fluviais que funcionan na Ribeira Sacra, algunhas con paradas para visitar as adegas e os monumentos. No canón do Sil hai marabillas como o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, o de Santo Estevo, o castelo de Castro Caldelas… Tamén temos que ver a perspectiva desde ben alto, e subir a miradoiros como o de Cabezoás, Os Balcóns de Madrid, As Xariñas….

Na Ribeira Sacra, meandro tras meandro, o Sil serpea entre as provincias de Lugo e Ourense e chega aos Peares, parroquia da Peroxa, na provincia de Ourense. Os Peares é un auténtico centro de reunión, no que se xuntan catro concellos e dúas provincias (A Peroxa e Nogueira de RamuÃn en Ourense e Carballedo e Pantón en Lugo), todos con vistas ao rÃo. Aquà tamén se xuntan as augas do Sil coas do Miño, que ademais recibe outro afluente, o Búbal. Pouco antes da xuntanza, o nivel de auga aumenta no encoro dos Peares.

Asà pois, nos Peares despedÃmonos do Sil, que se disolve no Miño, outorgándolle un xenerosÃsimo caudal, para que continúe o seu camiño cara a Ourense. Boa viaxe!
