Do 29 ao 30 de maio, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra únese á “Primavera de Portas Abertas”, a proposta de enoturismo impulsada por Turismo de Galicia para descubrir as denominacións galegas, neste caso unha das m00áis singulares do territorio.
Dúas xornadas para percorrer unha comarca onde os viñedos son parte inseparable da paisaxe: cepas que medran nos socalcos dos canóns do Sil e do Miño, adegas con moitos anos de historia e monumentos únicos.
Buses do viño pola Ribeira Sacra
Os dous días haberá autobuses con guía especializado saíndo desde A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense. Cada ruta combina visitas a adegas con paradas en museos, miradoiros e espazos naturais, e inclúe tempo libre para xantar.
O prezo é de 10 € por persoa adulta e 5 € para nenos de entre 3 e 13 anos. A comida non está incluída e as prazas son limitadas, polo que a reserva previa é obrigatoria.
Saídas e rutas programadas
Sábado 30 de maio
08.30 h – A Coruña
Saída desde a Avenida Xardíns Méndez Núñez para visitar o Museo Etnográfico de Quiroga, a adega Val de Quiroga, o Museo do Viño da Ribeira Sacra e Casa Moreira, con tempo libre para xantar en Monforte de Lemos.
08.30 h – Vigo
Saída desde a Avenida de Madrid, fronte ao Centro Médico Concheiro, para visitar Ronsel do Sil, as Pasarelas do Río Mao, Ponte da Boga, o Miradoiro As Penas de Matacás, Cachín e Adega Vella, con tempo libre para xantar en Castro Caldelas.
08.30 h – Santiago de Compostela
Saída desde o Pazo de Congresos para visitar Condado de Sequeiras, Vía Romana, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño e Bodega Ribada, con tempo libre para xantar en Chantada.
Domingo 31 de maio
09.30 h – Lugo
Saída desde a Praza da Bretaña para visitar o Centro Oleiro Rectoral de Gundivós, Santo Estevo de Ribas de Miño, Condado de Sequeiras, Vía Romana e Bodega Ribada, con tempo libre para xantar en Chantada.
09.30 h – Ourense
Saída desde a estación de autobuses para visitar Cachín, o Miradoiro de Souto Chao, o Ecomuseo Arxeriz e Rectoral de Amandi, mirador de Bodega Proencia e tempo libre para xantar en Monforte de Lemos.
Os itinerarios poden sufrir modificacións por causas alleas á organización, que tamén se reserva o dereito a cancelar calquera ruta se non se acada un mínimo de 10 participantes. Os horarios de regreso son orientativos.
Programa de actividades
Ademais das rutas en autobús, a programación estende a experiencia con propostas que mesturan viño, natureza, patrimonio e cultura dunha forma moi particular nesta comarca.
- O espertar das cepas
Un paseo polo viñedo nun dos momentos máis especiais do ciclo vitícola: cando a vide esperta tras o inverno. Observaremos as xemas, os primeiros brotes e as sinais que anuncian a nova colleita, camiñando sen présas e escoitando a terra.
- Venres 29 de maio · 19.00 h
- A Cova, Adegas Moure (O Saviñao)
- Grupo máximo de 20 persoas
- Gratis
- Circular de Proendos, patrimonio e viño
Ruta circular de tres quilómetros e baixa dificultade polo entorno de Proendos, con petroglifos prehistóricos, gravados rupestres, a igrexa de Santa María, restos dunha vila romana e un piorno romano. Remata cunha cata en Bodega Proencia.
- Sábado 24 de maio · 09.00 a 16.30 h
- Saída desde a Oficina de Turismo de Sober
- Grupo de 10 a 20 persoas
- Gratis
- Navegando entre viñedos
Ruta en barca polo río Miño, entre viñedos e bosques de carballos centenarios, con guía acompañante. Ao chegar a Finca Míllara, haberá unha degustación dos seus viños.
- Sábado 30 de maio · 11.00 h
- O Pincelo (Chantada)
- Grupo de 10 a 15 persoas
- 10 € por persoa
- Brindando coa historia en Monforte de Lemos
Visita guiada e teatralizada pola cidade, con tres personaxes que dan vida á historia, a arquitectura e o patrimonio monfortino. Remata no Centro do Viño da Ribeira Sacra cunha degustación comentada.
- Sábado 30 de maio · 16.30 h
- Saída desde a Torre da Homenaxe (Monforte de Lemos)
- Grupo de 10 a 20 persoas
- 10 € por persoa
- Solpor sonoro
Concerto á beira do río Sil co viño como protagonista: un sumiller presentará viños da D.O. Ribeira Sacra mentres soa a música, creando un maridaxe onde os aromas e as notas se mesturan nun dos enclaves máis fermosos da comarca.
- Sábado 30 de maio · 19.30 h
- Embarcadoiro de Os Chancís (Sober)
- Aforo máximo de 60 persoas
- 10 € por persoa
- Cerámica e viño
Obradoiro de cerámica no que os participantes crearán as súas propias pezas aprendendo técnicas básicas de modelado, con esmaltes aptos para uso alimentario. A actividade remata cunha visita a unha adega e degustación de viños.
- Domingo 31 de maio · 10.00 h
- Centro Social de Doade
- Grupo de 15 persoas
- 10 € por persoa
- Ruta do Románico de O Saviñao
Percorrido guiado polos principais referentes do románico do concello: desde Santo Estevo de Ribas de Miño ata a igrexa de Santa María de Seteventos, con pinturas murais do século XV no seu interior. A xornada péchase cun brinde e degustación de viños no Miradoiro do Cabo do Mundo.
- Domingo 31 de maio · 16.30 h
- Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
- Grupo de 10 a 20 persoas
- Gratis
- Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra
Visita guiada a este espazo museístico en Monforte de Lemos, con degustación de viño incluída.
- Venres 29, sábado 30 e domingo 31 de maio · Horarios segundo reserva
- Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos)
- 2,50 € por persoa
- Ecomuseo de Arxeriz
Visita guiada a este espazo de 35 hectáreas organizadas arredor dun pazo do século XVII, fronte ao Cabo do Mundo. Destaca a gran sala dedicada á cultura fluvial e a recreación castrexa. Forma parte da Rede Museística de Galicia.
- Venres 29, sábado 30 e domingo 31 de maio · 11.00 a 14.00 h e 17.00 a 20.00 h
- Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao)
- 4,50 € por persoa · 3,50 € entrada reducida (grupos de máis de 10 persoas, maiores de 65 anos, familias numerosas, persoas con discapacidade, desempregados e estudantes menores de 25 anos)
- Museo Etnográfico de Quiroga
Visita guiada de aproximadamente unha hora polas salas do museo, dedicadas aos catro produtos típicos da comarca (viño, castaña, aceite e mel) e aos materiais tradicionais da vida rural: pedra, madeira, ferro e téxtiles.
- Venres 29, sábado 30 e domingo 31 de maio · Horarios segundo reserva
- Museo Etnográfico (Quiroga)
- 1 € por persoa
- Ruta guiada en segway: Doade – Miradoiro Pena do Castelo
Excursión guiada en segway por sendeiros e bosques da Ribeira Sacra, incluído o Souto de Valguaire, ata o miradoiro Pena do Castelo, con vistas aos viñedos sobre os canóns. Duración aproximada dunha hora.
- Venres 29 de maio · 16.00 a 18.00h · Sábado 30 de maio · 11.00 a 16.00h
- Consultar localización
- 33 € por persoa
- Paseo en barca
Quinta Sacra ofrece un paseo en barca entre viñedos e carballos antigos, con parada na pequena adega “A Taranxela” á beira do Miño para catar os seus viños entre cepas e socalcos. Inclúe baño no pantalán.
- Venres 29, sábado 30 e domingo 31 de maio · 10.00 a 20.00 h
- Consultar localización
- Grupo de 8 a 15 persoas
- 40 € por persoa
Para consultar todos os detalles da programación, podes descargar o folleto oficial contactar coa Ruta do Viño da Ribeira Sacra:
Tel.: 650 605 152
Web: https://promocion.rutadelvinoribeirasacra.org
Email: ribeirasacradeprimavera@gmail.com

