Que hai máis famoso en Ourense que As Burgas?
Xa o dicÃa aquel poema…
Tres cousas hai en Ourense / que non as hai en España, / o Santo Cristo, a Ponte, / e as Burgas fervendo auga.
Trátase duns mananciais con arredor de dous mil anos de historia que se sitúan no seu casco antigo e que, segundo algúns investigadores, deron nome á que hoxe é a cidade. E é que foi aquà onde naceu un dos asentamentos romanos máis importantes de Galicia, “Aquis Aurienses†(“augas de ouroâ€).
AquÃ, a auga mana da terra a unha temperatura de arredor de 60 ºC (nalgúns casos chega a alcanzar os 67 ºC), o que deu lugar a numerosas lendas sobre a súa orixe. Hai quen di que nacen baixo a capela do Santo Cristo e hai quen sostén que a orixe está nun volcán situado baixo o parque botánico de Montealegre. Tamén se fala dunha divindade indÃxena, Revve Anabaraego, que serÃa responsable tanto do brotar destas augas como das súas propiedades terapéuticas. Sexa como sexa, o caso é que hoxe en dÃa son visitadas por milleiros de persoas en busca das sensacións que no seu dÃa gozaron os primeiros poboadores desta cidade.
Actualmente son tres as fontes termais que se poden visitar na cidade: a Burga de Arriba, a Burga do Medio e a Burga de Abaixo, sendo a primeira a máis antiga (data do século XVII) e a última a máis recente (século XIX). Ademais, xunto a elas atópase un conxunto histórico de aras romanas descubertas ao longo dos anos na cidade, dedicadas ás deusas das fontes e ás ninfas. Nelas, aparecen nomes gravados procedentes dos máis variados lugares do occidente romano, polo que hoxe sabemos que este foi un lugar centro de peregrinacións no seu dÃa. Tamén, tras as numerosas escavacións que tiveron lugar na zona, recuperáronse os restos dunha piscina-santuario cuxa data se estima que é do século I.
Antigamente, estas augas eran utilizadas de maneira persoal como auga quente para os habitantes das vivendas de ao redor ou para as pequenas industrias de artesáns que se establecÃan alÃ. Porén, ao longo dos anos darÃanselle usos do máis variado. Asà pois, tiveron fins medicinais e relixiosos, e tamén lúdicos. Foron, tamén, lugar de paso no Camiño de Santiago, e os peregrinos adoitaban deterse aquà para asearse e curar as súas feridas.
Hoxe en dÃa, xusto detrás das fontes orixinais, hai unha piscina-balneario de máis de douscentos metros cadrados que se alimenta desas augas e que conta coas máis modernas instalacións en canto a vestiarios, aseos e outros servizos. Asà pois, e de xeito gratuÃto, un pode gozar da experiencia de estar no medio dunha grande cidade, entre rúas repletas de xente e case ao pé da catedral, bañándose ao calor da auga termal. Velo é, como pouco, curioso.
Tal é a relevancia das Burgas que, no ano 1975, estes mananciais recibÃan a declaración de Conxunto Histórico ArtÃstico e, no ano 2007, a de Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
Non é de estrañar, por tanto, que á cidade de Ourense sexa coñecida tanto como a “Cidade das Burgas†como polo seu propio nome.
