A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, participará neste certame turÃstico internacional entre os dÃas 21 e 24 de marzo
O Goberno galego aposta pola promoción nos mercados turÃsticos emerxentes e ademais desta acción, Turgalicia acudiu á feira Guangzhou International Travel Fair de Canton (China) e desenvolverá, xunto con Turespaña unhas xornadas de promoción do destino entre os operadores turÃsticos das principais cidades rusas. Ademais, promocionará Galicia como destino de Turismo de negocios entre os principais operadores turÃsticos chineses especializados neste segmento
O Turismo de Galicia, a través de Turgalicia, dependente da SecretarÃa Xeral para o Turismo, promocionarase dende hoxe e ata o 24 de marzo na feira Moscow International Travel & Tourism, que se celebrará na capital rusa e constitúe un dos principais mercados turÃsticos deste paÃs.
O Turismo galego acude por primeira vez a este certame turÃstico, cun expositor dentro do stand de Turespaña, para difundir os valores turÃsticos de Galicia e o Camiño de Santiago na capital de Rusia, onde se concentran o maior número de operadores turÃsticos e axencias de viaxe deste estado. Se ben, a través de Turgalicia xa se leva feito un traballo de prospección anterior no mercado ruso.
Doutra parte, dentro das accións para a promoción do Turismo de Galicia en Rusia, Turgalicia participará nunha misión comercial –xornadas de promoción directa- nas principais cidades rusas entre os dÃas 4 e 9 de xuño, coa fin de promocionar a oferta turÃstica galega neste mercado.
Mercados emerxentes
Dentro do labor de promoción do Turismo galego que desenvolve a Xunta de Galicia a través de Turgalicia, este ano, ademais de Rusia, apostarase por outro interesante mercado emerxente para Galicia como destino turÃstico: China.
AsÃ, ademais Galicia participou recentemente na feira Guangzhou International Travel Fair (GITF), o certame turÃstico máis importante dos que se celebran na populosa provincia de Cantón.
Ademais, Turgalicia participará mañá en Madrid nunha xuntanza de traballo con 15 operadores turÃsticos chineses especializados en Turismo de negocios, para promocionar Galicia como destino para congresos, convenións e viaxes de incentivo.
