Ao longo de dez dÃas, Turgalicia instalou un espazo de 200 metros cadrados no que actuaron grupos galegos de música folk e se promocionou a gastronomÃa de Galicia e outros recursos turÃsticos da Comunidade autónoma
Arredor de 16.000 persoas solicitaron información turÃstica de Galicia e o servizo de restauración con produtos galegos recadou preto de 50.000 euros
Máis de 30.000 persoas pasaron polo stand institucional instalado pola Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, na 42 edición do Festival intercéltico de Lorient (Francia) que se celebrou nesta cidade da Bretaña francesa ao longo de dez dÃas da primeira quincena do mes de agosto. Destas máis de 30.000 persoas, arredor de 16.000 solicitaron información turÃstica concreta sobre a Comunidade Autónoma galega, mentres que o servizo de restauración con produtos galegos instalado por Turgalicia recadou preto de 50.000 euros.
Neste evento, a Xunta de Galicia instalou un pavillón de 200 metros cadrados de superficie no que se promocionaron os recursos e os produtos turÃsticos e culturais máis salientables da Comunidade galega, potenciando Galicia como un destino turÃstico diferente, con personalidade propia, entre milleiros de persoas que cada ano visitan este evento, especialmente procedentes dos paÃses celtas de Francia, Gran Bretaña e España.
Este ano, o espazo galego contou con diferentes áreas dedicadas á promoción da oferta turÃstica xeral de Galicia, o Camiño de Santiago e a enogastronomnÃa.
Escenario musical
Por outra parte, o pavillón galego serviu de escenario musical para a promoción da música folk galega a través de este evento. AsÃ, entre os dÃas 8 e 12 de agosto, actuou o conxunto Pablo Seoane Grupo, que con distintas formacións -Comisa Bal e Cuarteto Eirixúa-, amenizarán musicalmente estas xornadas.
Nesta ocasión, o stand de Galicia tamén estivo amenizado pola música do conxunto Vaamonde Lamas & Romero.
Ademais, entre os dÃas 3 e 12 de agosto actuou no stand de Galicia o gaiteiro Suso Oscariz.
A presenza de Galicia neste evento cultural está a ser moi positiva ao longo dos últimos anos, xa que a afluenza de público que se rexistra cada ano no recinto galego se ve incrementada ano tras ano, cun público moi interesado polos recursos turÃsticos da Comunidade autónoma e polo Camiño de Santiago.