A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, participará neste certame turÃstico internacional entre os dÃas 1 e 3 de marzo
O Goberno galego aposta este ano pola promoción nos mercados turÃsticos emerxentes e ademais desta acción, Turgalicia acudirá á feira MIT de Moscú e desenvolverá, xunto con Turespaña, unhas xornadas de promoción do destino entre os operadores turÃsticos das principais cidades rusas
Turismo de Galicia, a través de Turgalicia, dependente da SecretarÃa Xeral para o Turismo, promocionarase dende mañá ata o sábado dÃa 3 de marzo na feira Guangzhou International Travel Fair (GITF), que constitúe o mercado turÃstico máis importante do sur de China. Esta iniciativa xurde dun traballo de prospección desenvolvido por Turgalicia que durou dous anos e no que se estudaron as potencialidades para Galicia do mercado chinés.
O Turismo galego acude por primeira vez a este certame turÃstico, cun expositor dentro do stand de Turespaña, para difundir os valores turÃsticos de Galicia e o Camiño de Santiago nunha das rexións chinesas que conta co maior número de operadores turÃsticos e axencias de viaxe do paÃs asiático. Trátase da primeira vez que Turgalicia asiste a unha feira turÃstica no paÃs asiático.
Por outra parte, dentro das accións para a promoción do Turismo de Galicia en China, Turgalicia tamén mantén desde o ano pasado un sito web en chinés cos datos turÃsticos máis importantes da Comunidade galega.
Mercados emerxentes
Dentro da labor de promoción do Turismo galego que desenvolve a Xunta de Galicia a través de Turgalicia, este ano apostarase polos determinados mercados emerxentes como é o caso de Rusia.
AsÃ, Galicia participará ao longo do mes de marzo na feira Moscow International Travel & Tourism, o certame turÃstico máis importante dos que se celebran en Rusia.
Ademais, no mes de xuño, Turgalicia participará nunha misión turÃstica organizada por Turespaña para promocionar o Turismo galego entre os operadores turÃsticos das cidades rusas máis importantes.