Galicia é terra de tradicións e celebracións gastronómicas únicas, onde o viño xoga un papel protagonista. Este verán, non podes perder as feiras do viño máis emblemáticas da rexión, que combinan un ambiente festivo con produtos da máis alta calidade. Preparado para brindar?
Feira do Viño do Rosal
18 ao 20 de xullo
Reserva a terceira fin de semana de xullo no teu calendario porque se celebra a XXXIII Feira do Viño do Rosal. O evento conta coa participación de adegas da D.O. Rías Baixas, cuxos viños, ademais de ser exquisitos, presumen de premios en prestixiosas categorías. Para os amantes do viño e do deporte, o evento inclúe unha carreira de 10 quilómetros que atravesa os viñedos dunha adega participante. ¿A que esperades, runners?
Festa do Viño Albariño
30 de xullo ao 4 de agosto
Sen dúbida, unha das citas máis importantes do calendario festivo galego. A Festa do Albariño de Cambados recibe en cinco días a unhas 150.000 persoas. O ambiente é incomparable! O Paseo da Calzada enchese de casetas das mellores adegas da zona, ofrecendo os seus albariños a prezos moi accesibles. Goza de espectáculos musicais mentres descobres curiosidades sobre a produción do famoso albariño.
Feira do Viño de Monterrei
8 ao 10 de agosto
A XVIII Feira do Viño de Monterrei combina gastronomía e música cos viños desta Denominación de Orixe como protagonistas. Celébrase en Verín e ofrece un ambiente familiar, con actividades para nenos e espectáculos en directo. Un plan perfecto para gozar en grupo ou en familia.
Feira do Viño do Condado do Tea
22 ao 24 de agosto
Dende 1959, esta festa reúne a máis de 50.000 persoas en Salvaterra de Miño. Na súa LXVI edición, as casetas instálanse no recinto amurallado das Covas de Dona Urraca, creando un ambiente máxico. Os viños brancos e tintos do Condado do Tea (D.O. Rías Baixas) acompáñanse do mellor da gastronomía local.
Con tantas festas e bo viño, será imposible aburrirse este verán en Galicia. Reserva as datas na túa axenda porque… agardámoste en todas elas!

