5 Plans de verán en Galicia

Personas disfrutando de planes de verano en Galicia.

Verán, calor, vacacións… Galicia non só ofrece mar e paisaxes espectaculares, senón que tamén unha gran variedade de plans e actividades para todas as idades. Hante faltar días para facérelo todo!

Festas e verbenas

Non importa en que vila ou aldea esteas, se non hai festa na túa localidade, seguro que o veciño celebra unha verbena ou festividade local. Grupos musicais, orquestras xigantes, luces, bombas de palenque… e sobre todo, diversión asegurada.

Se nunca viviches unha verbena galega, prepárate para quedar marabillado. Aquí a paixón polas orquestras é tan grande que, especialmente no verán, moita xente fai case unha ruta festival para seguilas.

De festival en festival

Durante toda a tempada estival, Galicia vibra cunha gran variedade de festivais que abarcan todos os estilos musicais: pop, rock, indie, folk e mesmo heavy metal.

O Son do Camiño e O Gozo Festival en Santiago de Compostela, Resurrection Fest en Viveiro, Caudal Fest en Lugo, Portamérica en Caldas de Reis (Pontevedra), o Festival de Ortigueira e o Morriña Festival en A Coruña, Atlantic Fest en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), O Marisquiño en Vigo; o Sil Fest en Valdeorras e Our Fest, entre moitos outros. 

Imposible non atopar un ao teu ritmo no programa de Concertos do Xacobeo, que reúne todos os festivais e eventos musicais patrocinados por Turismo de Galicia.

Praias de cinco estrelas

Galicia pode conquistarte de moitas formas, pero unha das máis irresistibles é pisando as súas impresionantes praias. Desfrutar do sol, deixarse levar pola brisa mariña ou pasear pola beira do mar é aínda mellor cando o fas en areais de soño como a praia de Rodas nas Illas Cíes, a praia de Covas en Ferrol ou a praia de A Lanzada, entre O Grove e Sanxenxo.

E non podemos esquecer xoias como a impresionante praia das Catedrais en Ribadeo, a singular Praia dos Cristais en Laxe ou a extensa e salvaxe praia de Carnota.

Viaxe á Idade Media

Se che gusta disfrazarte e mergullarte noutra época, este plan é ideal para ti. Non basta con pasear entre os postos de artesanía ou levar algún recordo. Para vivir de verdade unha feira medieval, hai que deixarse levar e participar na escenificación.

Algunhas feiras medievais que non podes perder son a Festa da Istoria de Ribadavia, a Feira Franca de Pontevedra, a Feira Medieval de Noia e a Feira Franca Medieval de Betanzos.

Aldeas que namoran

Pero, sen dúbida, o verán non pode rematar sen que visites algunhas das aldeas con máis encanto de Galicia. Xa sexan pequenas vilas mariñeiras ou aldeas de montaña, estes lugares son o refuxio perfecto para desconectar e recargar enerxías.

Santo André de Teixido ou Redes na provincia da Coruña, Combarro ou Tui na provincia de Pontevedra, O Cebreiro e O Barqueiro en Lugo, Ribadavia ou Allariz na provincia de Ourense. E isto é só o principio, porque Galicia está chea de recunchos por descubrir.

Aínda así, estamos seguros de que deixamos moitas marabillas no tinteiro e que un só verán non te vai chegar para exploralas todas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *