A chegada da estación na que as temperaturas se relaxan e os bosques móstrannos toda a súa riqueza e a súa paleta de cores marca en Galicia o arranque dunha exitosa iniciativa de promoción turÃstica. Patrocinada por Turismo de Galicia e con 14 edicións xa ás súas costas, o Outono Gastronómico regresa fiel á súa cita coa difusión da oferta turÃstica do mundo rural e o goce da mellor cociña. Chega disposto a conquistar de novo ao público cos valores e os atractivos que propiciaron que no 2016 esta iniciativa fose galardoada en Fitur co premio ao Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de EnogastronomÃa.Â
Â
Pensado para ser gozado en solitario, en parella, con amigos ou en familia, e co aliciente engadido –e especialmente valorado nestes tempos de covid- de convidarnos a descubrir espazos pouco concorridos, o Outono Gastronómico volve poñer ao noso alcance unha ampla oferta de propostas que van desde o Menú Outono Gastronómico ao Outono Plus pasando polo Paquete Outono Gastronómico, a Fin de Semana Outono Gastronómico e a Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico.Â
Â
A iniciativa desenvolverase do 11 de setembro ao 13 de decembro nun total de 70 establecementos das catro provincias galegas (19 na Coruña e outros tantos en Lugo, e 16 en Ourense e igual número en Pontevedra), o que permitirá aos participantes escoller entre alternativas diseminadas por todo o territorio da comunidade e deixarse envolver pola maxia das paisaxes costeiras, as zonas de bosques e montañas, os espazos fluviais ou as áreas vitivinÃcolas, entre outros lugares diversos.Â
Â
O Menú Outono Gastronómico permite optar entre dous menús diferentes, que en ámbolos dous casos inclúen un entrante, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño dunha denominación de orixe galega. O seu prezo é de 30 euros por persoa. O Paquete Outono Gastronómico súmalle á proposta anterior unha estancia dunha noite no establecemento de turismo rural elixido e o almorzo da mañá seguinte. Neste caso o prezo total é de 80 euros para 1 persoa en cuarto individual e de 120 para dúas persoas en cuarto dobre. Se o que desexa é gozar de dúas noites e dous menús entón pode optar pola Fin de Semana Outono Gastronómico, cuxo prezo é de 140 euros (individual) ou de 200 (dúas persoas) e se vai facelo en familia entón pode decantarse pola Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico, que inclúe menús adaptados para os menores de 14 anos e cuxos prezos son de 260 euros (dous adultos e un neno) ou 300 euros (dous adultos e dous nenos).
Â
Ademais, unha vintena dos establecementos adheridos a esta iniciativa van un paso máis aló e ás ofertas anteriores suman a posibilidade de gozar tamén de actividades tan interesantes como rutas de sendeirismo, excursións a cabalo, descensos en rafting, observacións astronómicas e visitas a adegas, entre outras.
Â
Se queres acceder a toda a información sobre esta nova edición do Outono Gastronómico e coñecer os establecementos participantes e as súas ofertas de menús e actividades podes facelo visitando a ligazón https://www.turismo.gal/que-facer/outono-gastronomico?langId=gl_ES
