Axentes de Turismo e xornalistas chineses percorrerán o Camiño de Santiago entre os dÃas 4 e 8 de outubro
 Un grupo de 17 operadores turÃsticos rusos iniciarán mañá xoves unha visita de prospección a Galicia co obxecto de coñecer os recursos e as posibilidades turÃsticas da Comunidade galega e organizar futuras viaxes para os seus clientes desde Rusia. Esta actividade de promoción é froito das xestións da Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo coa maiorista Marfil, que opera neste mercado con estas axencias de viaxe.
Polo que respecta aos axentes rusos, nesta viaxe de familiarización organizada por Turgalicia, mañá visitarán a cidade da Coruña, onde poderán coñecer a oferta turÃstica da cidade herculina.
O dÃa 5 de outubro, os operadores turÃsticos achegaranse ata Santiago de Compostela, onde visitarán a Cidade da Cultura de Galicia, a Catedral e o Centro histórico.
RÃas Baixas
Na súa estadÃa en Galicia, os axentes de Turismo rusos tamén visitarán o dÃa 6 de outubro a vila de Baiona, a cidade de Vigo e o Parque Nacional MarÃtimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Por último, o dÃa 7 de outubro, poderán coñecer a RÃa de Pontevedra –Poio, Combarro, Sanxenxo e Portonovo- , a praia da Lanzada, O Grove, a Illa da Toxa, Cambados e unha adega produtora de viño con D.O. RÃas Baixas.
Chineses no Camiño de Santiago
Por outro lado, mañá xoves un grupo de doce cidadáns chineses relacionados coa organización de viaxes e a comunicación comezan o Camiño de Santiago en Sarria, para chegar a Santiago de Compostela o dÃa 8.
Nesta viaxe participa a axencia Compass Travel Club, un operador chinés que vende o Camiño de Santiago nun paquete combinado que inclúe os últimos 100 quilómetros do Camiño Francés.
Este operador turÃstico é pioneiro en organizar rutas temáticas e únicas con pequenos grupos entre os seus clientes. Entre os viaxeiros estará Jiang Haizhong, presidente da axencia Compass Travel Club, Song Yingjie, presentador do pronóstico meteorolóxico da Televisión chinesa, e Liang Xiwen, director de mercadotecnia da revista Top Travel.