Hai camiñadas nas que, a cada paso, a paisaxe se apodera de nós, e o traxecto se converte nunha sucesión de estampas memorables.
Se tomamos rumbo á costa, hai destinos clásicos que non podemos perder. Por exemplo, as rutas que van bordeando a Serra da Capelada, na provincia da Coruña, onde hai que pararse a cada pouco e simplemente contemplar. A zona está chea de miradoiros, nos concellos de Cedeira, de Ortigueira e de Cariño. AquÃ, por exemplo, podemos facer a ruta do miradoiro da Malveira a VixÃa de Herbeira/A Miranda, de 3 km, que sae do miradoiro da Malveira, desde onde nos achegamos ao faro de Cabo Ortegal e, atravesando o monte Faroleiro, rematamos no miradoiro de VixÃa Herbeira, o pico máis alto da Capelada, a 620 m sobre o nivel do mar. Tamén pódese finalizar a ruta no monte da Miranda, con vistas sobre a rÃa. E, se temos folgos, seguimos até Santo André de Teixido. E se non, xa de mortos, se tal…
Na provincia de Pontevedra hai outra boa ruta con vistas ao mar: a Senda da Costa da Vela. É un percorrido circular duns 10 km, con paradas en tres faros. Comeza na famosa Buguina de Cabo Home, en Donón, no concello de Cangas. Xa o principio é pura vista. Alà preto hai un observatorio de aves. O primeiro faro é o do Cabo Home, o punto de terra firme máis próximo ás CÃes. Máis adiante, achegámonos á punta Robaleira, co seu faro tamén, e seguro que algún corvo mariño. E. despois da praia de Melide, tiramos cara á punta Subrido e o derradeiro faro. Pasada a praia de Barra, a última parte lévanos á aldea de Donón, e outra volta ao punto de inicio.
Mais non todas as ventás dan ao mar. Cara ao interior, tamén hai vistas que impresionan. Por exemplo, na provincia de Lugo, seguindo un camiño monte arriba en Folgoso do Courel que remata no Pico PolÃn, no alto da Devesa da Rogueira. Comezamos na Aula da Natureza de Moreda, para subir pola aba do monte Ucedo, entre construcións tradicionais e bosque cen por cen do paÃs. E avanzando, no medio da espesura, imos chegando arriba de todo. Hai un desvÃo para ir ás fontes do Corvo e ao miradoiro de Pico PolÃn, que é o noso obxectivo: vistas á vella natureza courelá, esencial. En total, serÃan 13,3 km, aÃnda que a medio camiño hai un cruce desde o que se pode atallar. Pódese dicir que é unha ruta para xente en forma.
Talvez menos esforzo precise a subida ao Monte da Carbueira. Aquà lévanos o Camiño dos Cerqueiros, unha das rutas que atravesa As Fragas do Eume, no concello de Monfero. A ruta lévanos polos distintos ecosistemas do Eume, desde os máis elevados até os máis pegados ao rÃo. Comeza na Portela de Montelongo, nos piñeirais das zonas máis altas, e vai descendendo até as fragas próximas ao encoro. Despois dun lixeiro descenso, entre algunha construción abandonada, como a Casa dos Esterqueiros, imos ascendendo o monte Carbueira. Ao chegar ao cume agárdanos unha gran perspectiva das fragas, arredor do curso sinuoso do rÃo, O Val do Xestoso e As Pontes de GarcÃa RodrÃguez.
Non podemos falar de paisaxe sen ter presente a Ribeira Sacra, que ten vistas parar un carro. Un bo paseo é o que nos leva ao miradoiro de Matacás. Esta ruta circular vai do centro de Catro Caldelas a Matacás, desde onde se abre unha vertixinosa panorámica das abas ourensás e lucenses. O inicio e fin é a Praza do Prado, en Castro Caldelas. En total son 19,45 km. Hai que tomar o camiño a Celeirón, unha gran baixada entre soutos e os seus sequeiros, e despois subir entre viñedos. Desde aquà xa hai unhas boas vistas sobre o Val da Abeleda. No traxecto atopamos aldeas de xisto negro e a sobreira centenaria de Paradela. Tamén hai un desvÃo, por se nos peta achegarnos ao embarcadoiro de Abeleda. Xa no miradoiro, paga a pena pasar un tempo. Vese o Canón do Sil e moitos quilómetros arredor, se o dÃa está claro. A volta faise pola Ruxidoira, co castelo de Castro Caldelas asomando no alto tralo bosque.
E que tal contemplar unha panorámica das catro provincias á vez? Só temos que subir ao miradoiro do monte Farelo, en Antas de Ulla. O cume divide os concellos da Golada e Antas de Ulla. Paisaxe de monte, con rmoitas rochas granÃticas nas que abondan os petróglifos, de feito é un dos santuarios da arte rupestre en Galicia. A subida está pensada para facer a pé ou en bici. Partimos do cruce, pasamos polo Pazo de Vilane, o castro e a fervenza de Amarante. E desde arriba, 360º de panorámica (e algún muÃño): ao norte, a serra do Careón, en Melide, e a do Xistral, nos dÃas claros; ao leste os Ancares lucenses; ao sur, a serra do Faro e ao oeste a do Candán.Â
Para despedirnos con brisa insular, estarÃa ben unha subida ao faro das CÃes. É a ruta máis longa e coñecida das illas, de 3,5 km. Sae da caseta de información e, despois de cruzar á illa do Faro, e de pasar o camping e o Centro de Interpretación, comeza a subida. Hai algún desvÃo polo camiño, para achegarnos ao observatorio de aves e ao castro das Hortas. O último tramo é un zigzag até o cume. Desde o alto vemos a illa de San Martiño e o arquipélago, a rÃa de Vigo, a penÃnsula do Morrazo e o arquipélago de Ons.
