A Xunta promove o DÃa Mundial do Turismo cunha visita ao Gaiás na que participarán as 55 primeiras persoas que se acheguen ás oficinas de turismo. Desde mañá, luns, e ata o vindeiro xoves, estarán dispoñibles as prazas gratuÃtas para aquelas persoas que reserven a súa visita nas oficinas que a Xunta de Galicia ten distribuÃdas pola xeografÃa galega.
Santiago.- Con motivo da celebración do DÃa Mundial do Turismo, que se celebra anualmente durante a xornada do 27 de setembro, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da SecretarÃa Xeral para o Turismo e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, organizará unha xornada no Gaiás na que os participantes coñecerán o complexo arquitectónico, que xa se ten convertido nunha das iconas turÃsticas da Comunidade galega.
Esta iniciativa está reservada ás primeiras 55 persoas que acudan ás oficinas de Turismo da Xunta de Galicia, situadas nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais de VilagarcÃa de Arousa e Tui, indicando a súa intención de realizar a visita á Cidade da Cultura de Galicia programada para a celebración do DÃa Mundial do Turismo.
A reserva das prazas terá que realizarse entre os dÃas 19 e 22 de setembro, ambos incluÃdos, en horario de 10,00 horas a 14,00 horas, nas anteditas oficinas de Turismo.
Bono/convite
Os interesados recibirán un bono/convite que inclúe a visita e o desprazamento e ida e volta gratuÃtos en autobús entre o complexo arquitectónico e as localidades nas que se sitúan as oficinas de Turismo da Xunta de Galicia.
Para visitar a Cidade da Cultura de Galicia o DÃa Mundial do Turismo entregaranse, como máximo, dous convites por persoa.