O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu, esta mañá, o acto de presentación dos Xeodestinos TurÃsticos de Galicia, un mapa de 14 xeodestinos para extraer “todo o potencial do destino Galiciaâ€, cunha oferta diversificada, que permita incrementar a estancia media dos visitantes. “Cada parte conta para o todo. Cada recuncho desta terra engrandece o destino Galicia e por iso, cómpre que os articulemos benâ€, destacou Feijóo.
Feijóo salienta que en poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidades. “Galicia ten precisamente na variedade unha das súas principais fortalezas turÃsticasâ€
 Nestes momentos difÃciles, di que Galicia ten que moverse para buscar a mellor localización posible no futuro e lembra que as decisións turÃsticas que se teñen materializado nos últimos anos, como a recente Lei do Turismo, a marca Galicia ou a propia celebración do Xacobeo 2010 mantiveron vixente ese dobre espÃrito de renovación e de concertación
 “As preferencias, os gustos, as tendencias dos visitantes, van mudando. Por iso, ao igual que os impulsores do Xacobeo, agora tamén debemos ser conscientes de que o destino Galicia se constrúe constantementeâ€, afirma
O titular da Xunta avogou por traballar unidos e coordinados para que cada un destes catorce xeodestinos lle poida ofrecer algo ao visitante e lle permita concluÃr “que non só merece a pena vir á nosa terra, senón tamén quedarse o maior tempo posible para abarcar todas as experiencias que ten ao seu alcanceâ€. E salientou que “nunha etapa histórica na que as posibilidades de elección para o turista aumentaron de forma exponencial, Galicia completa hoxe o proceso que iniciamos desde o principio da lexislatura para distinguirnos no mercado se cabe un pouco máis que ata agoraâ€.
 Se ben, Galicia actúa, porque o é, como unha Galicia unida, Feijóo afirmou que “iso non significa que teñamos que presentarnos, porque non o somos, como unha Galicia uniforme. Ao contrario, en poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidadesâ€. E engadiu que ningunha desas posibilidades amola, “porque todas serven a unha Galicia que ten precisamente na variedade unha das súas principais fortalezas turÃsticasâ€.
 “O atractivo da nosa terra repártese entre rÃas e montes, santuarios e catedrais, camiños e cidades, cruceiros e augas termais, faros e murallas, xardÃns e casas rurais, vellos sÃmbolos como a Catedral de Santiago e novos como a Cidade da Cultura. En medio de tantas dificultades, Galicia non pode permitirse o luxo de relegar a un lugar secundario ningunha das moitas posibilidades que poden ofrecer as RÃas Altas, a Costa da Morte, as terras de Santiago, a Mariña lucense, Lugo e a Terra Chá, Os Ancares e o Courel, a Ribeira Sacra, as RÃas Baixas, O Ribeiro, as Terras de Ourense e Allariz, de Celanova e da Limia, de VerÃn e de Viana, de Manzaneda e Trevinca, ou do Deza e Tabeirósâ€.
 Ante o perigo de competir entre nós mesmos, o titular do Executivo galego aseverou que escollemos ser un paÃs que se ve capaz de destacar conxuntamente na oferta turÃstica española, europea e internacional. “E, en lugar de estragar as nosas propias forzas, traballamos como unha realidade global que pon en marcha proxectos colectivos. O instrumento que hoxe botamos a andar é unha nova proba diso: promove a Administración –a Xunta, en colaboración cos concellos-; implÃcase un dos nosos sectores produtivos máis importantes; e involúcrase a sociedade en xeralâ€.
 Nos momentos difÃciles coma os que se están a vivir, Feijóo subliñou que Galicia ten que moverse como nunca para buscar a mellor localización posible no futuro e salientou que as decisións turÃsticas que se teñen materializado nos últimos anos, como a recente Lei do Turismo, a marca Galicia ou a propia celebración do Xacobeo 2010 mantiveron vixente ese dobre espÃrito de renovación e de concertación.
 Por último, Feijóo afirmou que non se pode caer no erro de pensar que os instrumentos cos que conta un dos sectores económicos máis importantes son estáticos. “As preferencias, os gustos, as tendencias dos visitantes, van mudando. Por iso, ao igual que os impulsores do Xacobeo, agora tamén debemos ser conscientes de que o destino Galicia se constrúe constantementeâ€. E, neste sentido, amosouse convencido de que este mapa de xeodestinos vai ser unha guÃa certamente útil para avanzar nese camiño.

Noraboa a Xunta de Galicia, a SecretarÃa Xeral para o Turismo e Turgalicia por ter incluÃdo a Trevinca no mapa galego de Xeodestinos Turisticos . Tamén nas Terras de Trevinca estamos de noraboa… por fin … estamos nos mapas…
As fadas que habitan as nosas covas e lagoas, os silandeiros cazadores de ventos, os aventureiros e montañeiros que procuran os ceos, as brisas que van enguedeñando toda herba que crece nos prados e lameiros, as augas calcadas sobre da terra máis brava, as fachendosas montañas e o arrepÃo da serra ….. de seguro están de festa …. TREVINCA é xeodestino turÃstico……
Noraboa pola fermosa presentación da nosa terra. Está chea de sensibilidade.
Só unha crÃtica, votei en falta que dentro do Xeodestino Arousa, a illa da Toxa non figurase no mapa. Supoño que será un despiste, xa que un punto turÃsitico deste nivel merce o seu recunchiño. Non si?
Sorte e bo Nadal para todos!