A xira está organizada por Turgalicia e a Oficina de Turismo de España en Singapur, percorrerán parte da Comunidade galega ata o dÃa 4 de maio
A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, vén de organizar unha viaxe de familiarización para que un grupo de seis axentes de viaxe e xornalistas filipinos poidan coñecer parte da oferta turÃstica de Galicia.
Esta viaxe que se desenvolve dende o dÃa 30 de abril ata o 4 de maio, e céntrase fundamentalmente na cidade de Santiago de Compostela e As RÃas Baixas.
A organización deste evento de promoción turÃstica de Galicia contou tamén coa colaboración da Oficina de Turismo de España en Singapur e a compañÃa aérea Singapore Airlines.
Programa
Na súa estadÃa en Galicia, os visitantes filipinos coñecerán a oferta turÃstica de Santiago de Compostela e as RÃas Baixas, concretamente a cidade de Pontevedra, Combarro, A Toxa, O Grove e Cambados.
Os participantes na viaxe representan aos medios de comunicación Phillippine Inquirer e People Asia/Phillippine Start.
Por outra parte, os axentes de viaxe que se achegarán ata Galicia representan ás compañÃas Mondial Travel, Executive Resources, King of Travel e Destination Specialist.