Vive a Ruta do Viño do Ribeiro con actividades de enoturismo

Do 5 ao 7 de xuño, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra abre as portas ao abeiro da “Primavera de Portas Abertas”, a iniciativa de Turismo de Galicia para descubrir as denominacións galegas máis características e singulares.

Tres días para achegarse a un lugar onde o viño leva séculos formando parte da paisaxe e da vida cotiá, con adegas que gardan variedades autóctonas únicas, pazos con moita historia ás súas costas e un río Miño que vertebra todo o territorio.

Coñece O Ribeiro nos buses do viño

O sábado 6 sairán catro autobuses con cadansúa ruta desde Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Do mesmo xeito, o domingo 7 parten tres buses de Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol. Cada ruta combina visitas a adegas con paradas para coñecer o patrimonio da zona, e en todo momento os participantes contarán cun guía turístico.

A actividade ten un custo de 10 € por persoa adulta e 5 € para nenos de entre 3 e 13 anos, comida non incluída. As prazas son limitadas e a reserva previa é obrigatoria.

Saídas e rutas programadas

Sábado 6 de xuño

10:00 h – Ourense

Saída desde o Parque San Lázaro (con parada na estación de tren ás 10.15 h) para visitar Adegas Celme, Granxa D’Outeiro, Pazo de Vieite e Licores Os Maios, con tempo para comer en Ribadavia ou no restaurante Alfonso V.

09:15 h – Santiago de Compostela

Saída desde a Dársena de Xoán XXIII para visitar Adega Pousadoiro, A Vilerma, Cuñas Davia e a Senda Fluvial do Avia, con tempo libre para comer no Carballiño.

09:30 h – Vigo

Saída desde a Rúa Areal, antigo reitorado, para visitar Viña Costeira, Casal de Armán, Casal do Canteiro e o Museo do Viño de Galicia, con tempo libre para comer en Ribadavia.

09:00 h – A Coruña

Saída desde a parada de bus da Praza de Ourense para visitar Ramón do Casar, Bodegas Cunqueiro, o Barrio Xudeu de Ribadavia e unha visita teatralizada en Castrelo de Miño, con tempo libre para comer en Ribadavia.

Domingo 7 de xuño

09:30 h – Vigo

Saída desde a Rúa Areal, antigo reitorado, para visitar Ramón do Casar, Granxa D’Outeiro, o Barrio Xudeu de Ribadavia e Pazo de Vieite, con tempo libre para comer en Ribadavia ou no restaurante Alfonso V.

09:30 h – Santiago de Compostela

Saída desde a Dársena de Xoán XXIII para visitar Bodegas Cunqueiro, Casal de Armán, Cuñas Davia e o Museo do Viño de Galicia, con tempo libre para comer en Ribadavia ou no restaurante Sábrego.

09:00 h – Ferrol

Saída desde a Praza de Galicia para visitar Adegas Celme, Adega Pousadoiro, unha visita teatralizada á aldea vitivinícola de Beade e Licores Os Maios, con tempo libre para comer en Ribadavia ou no restaurante Alfonso V.

Os itinerarios poden sufrir modificacións por causas alleas á organización, que tamén se reserva o dereito a cancelar calquera ruta se non se acada un mínimo de 10 participantes. Os horarios de regreso son orientativos.

Programa de actividades

Ademais das rutas en autobús, a programación inclúe actividades para seguir descubrindo a riqueza gastronómica, cultural e natural de O Ribeiro.

  • As orixes do viño

Ruta desde Astariz ata o Castro de Santa Lucía e volta, de dificultade media, con degustación de viño e petiscos en Adegas Celme ao remate.

  • Sábado 6 de xuño · 10:30 a 13:30 h
  • Astariz (Castrelo de Miño)
  • Capacidade limitada · Inscrición previa obrigatoria · Venda de entradas en ataquilla.com
  • 10 € por persoa
  • Sons do viño

Concerto na Igrexa da Madalena de Ribadavia, harmonizado con viños da D.O. Ribeiro e petiscos elaborados por restaurantes asociados á Ruta do Viño.

  • Sábado 6 de xuño · 19:30 a 22:00 h
  • Igrexa da Madalena (Ribadavia)
  • Calpacidade limitada · Venda de entradas en ataquilla.com
  • 10 € por persoa (2 € son depósito pola copa, reembolsables ao devolvela)
  • Visita teatralizada ao Templo da Veracruz

Visita guiada e teatralizada ao Templo da Veracruz, obra do arquitecto Antonio Palacios, no Carballiño.

  • Sábado 6 de xuño · 20:15 a 21:15 h
  • Templo da Veracruz (O Carballiño)
  • Calpacidade limitada · Venda de entradas en ataquilla.com
  • 4 € por persoa
  • Rally fotográfico ás beiras do Miño

Percorrido de ida e volta desde a zona termal de Barbantes ata Razamonde, con degustación de viño e petiscos en Gandarela Turismo Rural. Os participantes poderán concursar nas redes sociais coas fotografías feitas durante a ruta.

  • Domingo 7 de xuño · 10:00 a 13:30 h
  • Beiras do Miño en Barbantes
  • Capacidade limitada · Inscrición previa obrigatoria · Venda de entradas en ataquilla.com
  • 10 € por persoa
  • Arte e viño

Obradoiro de decoración de copas de viño con diferentes técnicas de pintura, con visita guiada á adega Viña Costeira e maridaxe de viños da D.O. Ribeiro con queixos galegos.

  • Domingo 7 de xuño · 12:00 a 14:30 h
  • Adegas Viña Costeira (Ribadavia)
  • Capacidade limitada · Inscrición previa obrigatoria · Venda de entradas en ataquilla.com
  • 15 € por persoa
  • Museo do Viño de Galicia

Visita guiada pola historia e o proceso produtivo do viño en Galicia, con acceso á sala de prensado e á antiga adega do edificio.

  • Venres 5, sábado 6 e domingo 7 de xuño · 10:00 a 14:30 h e 17:00 a 20:30 h
  • Museo do Viño de Galicia
  • Gratis
  • Visita de Ribadavia

Visita guiada pola capital de O Ribeiro da man de Genuine Galicia, coa historia, a etnografía e a cultura do viño como fío condutor.

  • Venres 5 de xuño · 19:30 h
  • Saída desde a Oficina Municipal de Turismo de Ribadavia
  • 5 € adultos · Gratis para menores de 16 anos
  • Maridaxe Celmú con A! de Artesanía

Degustación do único vermú artesán ecolóxico elaborado con variedades autóctonas galegas, recoñecido co selo de Artesanía Alimentaria, combinado cunha selección de produtos artesáns con selo La!

  • Venres 5, sábado 6 e domingo 7 de xuño · 12:30 h
  • Adegas Celme (Castrelo de Miño)
  • 32 € por persoa
  • Celme Tostado. Historia e tradición

Percorrido pola historia e elaboración artesanal do viño Tostado, un dos grandes tesouros do Ribeiro, con cata guiada deste viño naturalmente doce que é parte da memoria vitivinícola da zona.

  • Venres 5, sábado 6 e domingo 7 de xuño · 16:00 h
  • Adegas Celme (Castrelo de Miño)
  • 37 € por persoa
  • Cata de evolución ecolóxica

Cata guiada polos viños ecolóxicos de Adegas Celme a través do tempo, para descubrir como a terra e o manexo sostible transforman o viño en cada colleita.

  • Venres 5, sábado 6 e domingo 7 de xuño · 18:00 h
  • Adegas Celme (Castrelo de Miño)
  • 29 € por persoa
  • Cata comentada

Visita guiada á antiga casa de labranza Gandarela Turismo Rural, cunha adega restaurada do século XVII en Carballeda de Abaixo. Cata de tres viños singulares da colección Elixir de Gandarela, elaborados con Treixadura, acompañada dunha selección de produtos locais.

  • Venres 5, sábado 6 e domingo 7 de xuño · 12:00 h
  • Gandarela Turismo Rural (Cenlle)
  • Reserva previa obrigatoria · Grupo mínimo de 4 persoas
  • 22 € por persoa
  • Experiencia termal

Laias Caldaria Hotel Balneario ofrece un tratamento de hidroterapia con bañeira de hidromasaxe e un envoltura Baco.

  • Consultar horarios
  • Laias Caldaria Hotel Balneario (Cenlle)
  • Reserva previa obrigatoria
  • 35 € por persoa
  • Aperitivo con vermú artesanal

Visita ao viñedo e ás instalacións de Cuñas Davia, con aperitivo de produtos galegos en menú km 0 (sardiña afumada, queixos madurados, embutidos de porco celta ecolóxico e tarta de queixo de elaboración propia) harmonizado co vermú artesanal da propia adega.

  • Sábado 6 e domingo 7 de xuño · 12:00 h
  • Cuñas Davia (Cenlle)
  • Capacidade limitada · Reserva obrigatoria
  • 55 € por persoa
  • Pícnic entre viñedos

Percorrido polo viñedo do Pazo de Toubes, pazo restaurado do século XVIII no corazón do Ribeiro, con visita á adega centenaria e pícnic entre vides. A cesta para dous adultos inclúe botella de Viña Costeira, empanada, queixo, galletas mariñeiras, marmelada, pan e bica. Os nenos dispoñen da súa propia cesta con bolo preñado de chourizo, mosto de uva e bica.

  • Domingo 7 de xuño · 12:00 h
  • Pazo de Toubes (Ribadavia)
  • 35 € adultos · 15 € nenos de 5 a 17 anos

Para consultar todos os detalles da programación, podes descargar o folleto oficial contactar coa Ruta do Viño do Ribeiro:
Web: www.rutadelvinoribeiro.com
Email: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *