A Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia celebra a súa 15ª edición cun completo programa que invita a descubrir o enoturismo galego.
En colaboración coas asociacións das cinco Denominacións de Orixe galegas, a iniciativa desenvolverase durante varias fins de semana de maio e xuño, con preto dun centenar de propostas para todos os públicos.
Un total de 59 adegas abrirán as súas portas con visitas guiadas e gratuítas, ás que se suman 61 actividades: percorridos por viñedos, rutas de sendeirismo e en barco, catas comentadas, experiencias de maridaxe e obradoiros temáticos. Ademais, 32 buses do viño facilitarán o acceso desde diferentes puntos de Galicia, con guía incluído.
As distintas Rutas do Viño de Galicia
Cada Ruta do Viño convértese nunha invitación a viaxar sen présas, a deixarse levar polas paisaxes, as uvas autóctonas e a cultura que definen a esencia de cada territorio vitivinícola galego:
- Ruta do Viño de Monterrei
Poderás gozar de 4 actividades programadas e contarás con 5 buses do viño. Entre as propostas destacan os obradoiros de harmonías entre os viños da Denominación de Orixe e produtos como conservas do mar e queixos emblemáticos, ademais dun túnel do viño e unha ruta para descubrir os lagares rupestres, un legado único deste territorio. - Ruta do Viño de Valdeorras
Un destino con carácter propio que che ofrece 18 actividades, a participación de 14 adegas e 8 buses do viño. Aquí poderás percorrer viñedos, espazos naturais e enclaves patrimoniais, ademais de gozar de catas, túneles do viño, obradoiros de espumosos, experiencias de benestar e actividades vinculadas á paisaxe e á identidade local. - Ruta do Viño das Rías Baixas
Coa participación de 17 adegas, esta ruta propón 12 actividades e dispón de 7 buses do viño. A experiencia combina visitas a adegas e pazos con viñedos, rutas guiadas temáticas, sendeirismo, catas de viños e outros produtos como augardentes e licores, ademais de obradoiros de cociña e fotografía nun contorno atlántico único. - Ruta do Viño da Ribeira Sacra
Ofrece 12 actividades, coa colaboración de entidades culturais e do territorio, e 5 buses do viño. Poderás vivir visitas a adegas, paseos entre viñedos en terrazas, rutas en barco e sendeirismo, ademais de visitas a espazos singulares. A programación inclúe tamén un “Solpor Sonoro” con concerto e cata, e un obradoiro de cerámica con degustación de viño. - Ruta do Viño do Ribeiro
A proposta complétase con 15 actividades e 7 buses do viño. Ademais das iniciativas de adegas e do Museo do Viño de Galicia, poderás gozar de experiencias termais, catas e aperitivos con vermú artesanal, pícnics entre viñedos, visitas culturais, obradoiros creativos e un rally fotográfico para descubrir a ribeira do Miño desde outra perspectiva.
Participa nos Sorteos da Primavera de Portas Abertas
Nas redes sociais de Turismo de Galicia (Facebook y Instagram) lanzaranse cinco concursos, un por cada Ruta do Viño, que comezarán o 3 de maio de 2026 e finalizarán o 1 de xuño de 2026.
En total, sortearanse 15 premios, consistentes nunha escapada para dúas persoas que inclúe unha noite de aloxamento en habitación dobre (sábado) nun dos establecementos asociados participantes e a comida do domingo nun restaurante socio da Ruta do Viño. Segue as nosas redes sociais e participa!
Unha iniciativa consolidada que impulsa a desestacionalización turística e pon en valor o enoturismo como un dos grandes atractivos de Galicia. Esperámoste para vivilo en primeira persoa!
Descarga aquí o folleto con todo o programa completo e planifica a túa escapada entre viñedos, paisaxes e experiencias únicas.

