A situación estratéxica de Ferrol, fixo do seu porto o máis importante da costa atlántica. Despois dunhas épocas douradas e outras máis crÃticas, a cidade ten un legado histórico que hai que coñecer. Ademais, a natureza acompaña, con fermosas paisaxes na mesma rÃa e a poucos quilómetros, xa no mar aberto, unhas das mellores praias de Galicia
Arsenal. No século XVI, Ferrol foi nomeada por Felipe II capital do Departamento MarÃtimo do Norte de España, por iso que tamén que se lle chamase cidade departamental. Asà que aquà se construÃu o Real Arsenal e un gran estaleiro e base naval para o Cantábrico. Isto fixo que Ferrol pasase de vila mariñeira a convertirse na maior cidade de Galicia, cun urbanismo cen por cen fillo do seu tempo: a Ilustración.
No conxunto arquitectónico do Arsenal, que é Ben de Interese Cultural desde 1994, distÃnguense dúas partes, con candansúa porta monumental: o Arsenal do Parque e o Arsenal dos Diques. No interior destacan a Sala de Armas, o Dique da Campá, o Museo de Construción Naval (Exponav) e o Museo Naval.

Porto. O peirao de Curuxeiras tamén é de mediados do século XVIII. É a época do gran desenvolvemento de Ferrol, do chamado Ferrol Ilustrado. O peirao enlaza o Paseo da Mariña cara ao Ferrol Vello. Hoxe en dÃa non é porto pesqueiro, senón deportivo. Se queremos dar un paseo relaxado vendo os barcos, gozando da airexa mariña entre palmeiras, xardÃns e terrazas onde tomar algo mirando ao mar, este é o sitio ideal.
Por se temos dúbidas, aquà mesmo hai unha oficina de información turÃstica. E se nos da por navegar? Pois precisamente deste peirao saen as lanchas para Mugardos. Tamén é onde desdembarcan os peregrinos que fan o camiño inglés. E onde arranca o camiño de Santo André de Teixido.Â

Barrio da Madalena. Este barrio leva o selo do Ferrol ilustrado. Non temos máis que miralo desde arriba para aprezar a cuadrÃcula perfecta de 6 x 9 rúas, e dúas prazas que a articulan: a de Amboaxe e a Praza de Armas. Foi declarado conxunto histórico-artÃstico en 1983.
A construción comeza no século XVIII, co crecemento da poboación por mor do Arsenal e o estaleiro naval. Son casas burguesas, con balcóns e galerÃas. Moitas delas, posteriores, xa modernistas. Aquà está a casa do concello, o teatro Jofre, a concatedral de san Xiao, o Mercado, o edificio da PeixerÃa… e moita hostelarÃa e comercio. Algúns edificios levan a sinatura de Rodolfo Ucha, “o Gaudà galegoâ€. E, por certo, tamén se dà que aquà está a galerÃa máis antiga de Galicia.

Castelo de San Felipe. Está na boca norte da rÃa, nunha situación perfecta para a defensa do porto. Foi levantado en 1557, baixo o reinado de Felipe II, de aà o nome, mais a construción que fica é do século XVIII, cando se remodelou. Convertiuse nun exemplo magnÃfico de baterÃa abaluartada (canóns e muros saÃntes), para rexeitar calquer ataque por mar ou por terra.
Xunto co castelo da Palma de Mugardos, na costa de enfronte, e o desaparecido castelo de San Martiño, facÃan o “triángulo de lumeâ€. De noite, o de Ferrol e o de Mugardos unÃanse cunha cadea, converténdose nunha boa trampa para posibles inimigos.
Ademais do interese histórico da visita, desde aquà aproveitamos para contemplar unhas vistas únicas da rÃa de Ferrol. Pódese acceder por libre ou facer unha reserva con guÃa. Nalgunhas datas mesmo ofrecen visitas teatralizadas.

As Meninas de Canido. O Barrio de Canido, o barrio dos traballadores da Bazán e militares, venido a menos desde a reconversión, xa non é coñecido pola decadencia e a crise do naval, agora xa é un museo ao aire libre. Como Ãa imaxinar Eduardo Hermida a repercusión do primer mural que pintou no seu barrio? A iniciativa, que comezou como un intento de adecentar a zona a base de pinturas co tema das meninas, foi moi ben aceptada e medrou rapidÃsimo.
Cada primeiro fin de semana de setembro hai unha nova convocatoria para novos pintores e pintoras. Case non fican muros baleiros, xa hai uns 500 murais, asà que de cando en cando mesmo se repintan. Tamén se celebra un mercado creativo, con zona de papeo, xa en furgo, xa nos bares e, por suposto, moita música. Na última convocatoria houbo 13 concertos.
Mesmo hai unha ruta turÃstica organizada, con obradoiro pictórico incluÃdo, para que deixemos tamén a nosa pegada no barrio.

