Se imos á Coruña por primeira vez, é doado desorientarse. Como? Vou por esta rúa e chego á praia e dou a volta e tamén teño mar? Isto é unha illa ou que? Pois non, é unha penÃnsula, e precisamente é no istmo onde se atopa o centro da cidade. Iso tamén fai que ás veces dea a sensación de termos deixado unha ventá aberta, cousa que en verán se agradece.
A Coruña é unha cidade moi animada. Ten un pouco de todo: praias, porto, monte, campo, monumentos, museos… Todo sen sair do casco urbano. Vexamos as paradas obrigadas:
Cantóns e Praza de MarÃa Pita. Os Cantóns levantáronse no que antigamente se chamaba PescarÃa, a ampliación da Cidade Vella. É unha das zonas máis populares da Coruña, moi de pasear. En realidade son dúas rúas seguidas: o Cantón Grande, da Rúa Nova á de Santa Catalina, e o Cantón Pequeno, que continúa até a Praza de Mina. Van paralelos aos xardÃns de Méndez Núñez, no Recheo.
Aquà están as fundacións e as sedes dos bancos máis importantes. Precisamente, o edificio do Banco Pastor, de 1925, foi o edificio máis alto de España até a construción do da Telefónica, en Madrid catro anos despois.

No Cantón Grande, xa case empezando a rúa Real, está O Obelisco, unha columna conmemorativa rematada en reloxio, erixida na honra de Aureliano Linares Rivas en 1895. É un lugar tÃpico para as citas, igual que o vello cine Avenida.
E cruzando dos Cantóns á Rúa Real, acolledora, peonil e chea de comercios, con moitas xoias modernistas, chegamos a Rego de Auga, onde está o Teatro RosalÃa de Castro, e despois á Praza de MarÃa Pita. Por certo, se damos a volta á rúa, vemos as famosas galerÃas da Marina.
A Praza de MarÃa Pita levantouse no século XIX despois da derruba da muralla, para conectar a PescarÃa coa Cidade Vella. Trátase dun rectángulo duns 10.000 m², rodeado de edificios con soportais e galerÃas. O protagonista é o pazo municipal, rematado por Pedro Mariño en 1918. A outra protagonista é a estatua de MarÃa Pita, de Xosé Castiñeiras, 1998, que homenaxea á heroina coruñesa, clave na victoria sobre os ingleses en 1589. Hai moitos locais de hostelarÃa con terrazas a proba de choivas en estruturas acristaladas. Na praza fanse moitos concertos até de da Sinfónica, na Semana Clásica das Festas de MarÃa Pita.Â
Torre de Hércules. É o sÃmbolo da cidade. Presente no escudo e no propio xentilicio da xente da Coruña, tamén chamada herculina. É o único faro de orixe romana, de c. a. I d. C, aÃnda en funcionamento en todo o mundo. Despois de sucesivas remodelacións, iso sÃ. Hai unha inscripción en pedra na que se cita como arquitecto a Caius Servius Lupus, da Lusitania.
Despois de subir máis de 200 chanzos, temos unhas estupendas vistas a Coruña e da rÃa. E, como na lenda, seica en dÃas despexados podamos ver Irlanda. Desde 2009 é Patrimonio da Humanidade.
Hai catro rutas que percorren a contorna: Campo da Rata, Punta Herminia, PenÃnsula da Torre e Praia da Lagoa. Ademais, hai un parque cheo de esculturas referidas á mitolóxÃa e ao mar.

Parque de San Pedro. O monte de San Pedro ten unha situación tan estratéxica que en 1933 convertiuse nunha atalaia defensiva, cunha baterÃa de enormes canóns ingleses que por sorte, só foron usados en prácticas. En 1966 deixaron de funcionar as instalacións militares e, en 1999, inaugurouse o parque. Os enormes canóns forman parte del, como esculturas ou miradoiros aos que subirse.
O parque conta cun centro de interpretación da baterÃa, estanque, merendeiro, labirinto vexetal, aparcadoiro, restaurante, sendeiros… Podemos baixar a aba no Ascensor Panorámico, que parece unha burbulla. Tamén hai boas vistas na Cúpula Atlántica, miradoiro cuberto de 360º, con contidos interactivos.Â

Museos cientÃficos. Na Coruña hai tres museos interactivos que teñen moito en común, son os Museos CientÃficos Coruñeses. Ademais do contido permanente, todos fan exposicións, obradoiros, cursos… Son moi entretidos e didácticos. Hai bonos especiais para acceder aos tres con rebaixa, e unha tarxeta tarifa plana para o acceso anual aos tres tamén.Â
A Casa das Ciencias, no palacete do Parque de Santa Margarita, é o máis vello, de 1985. Ten un planetario e tres plantas de exposicións. No oco da escaleira oscila un enorme péndulo de Foucault.
A Domus é o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. Ten un laboratorio aberto e o maker@domus, para facer experimentos e tecnoloxÃa coas nosas propias mans. O edificio é de Isozaki, de 1995.
O Aquarium Finisterrae está adicado ao mar. A sala máis famosa é a Nautilus, que nos leva ao camarote do capitán Nemo, rodeado de quenllas, robalizas, meros…
A Cidade Vella. Aquà está o xerme da Coruña. Agromou arredor das igrexas de Santiago, a máis antiga, e a colexiata de Santa MarÃa do Campo. Daquela chamabase Cidade Alta. En 1984 foi declarada Monumento histórico-artÃstico, e anos despois, fÃxose peonil. AÃnda fican restos das murallas do século XVI: no Parrote, fronte á CapitanÃa e no XardÃn de San Carlos.
Na Cidade Vella viviron RosalÃa, José Cornide, Pardo Bazán, MarÃa Pita… E está a Real Academia Galega e o Arquivo do Reino de Galicia. Darse un paseo pola praza de Azcárraga, descansar nun banco fronte a fonte da Fama ou ir á praza das Bárbaras é algo inspirador. E o espazo máis romántico: o XardÃn de San Carlos, onde descansa Sir John Moore, con vistas ao mar. E, se queremos viaxar no tempo, hai que ir á Feira das Marabillas, no verán, cando Cidade retrocede á Idade Media.

