A súa impoñente silueta, visible desde varios quilómetros de distancia é o primeiro sinal para o visitante de que se achega a un lugar fóra do común. A súa localización nun outeiro desde a que domina todo o val, co leito do rÃo Támega aos seus pés e nunha importante encrucillada de camiños secular próxima á fronteira con Portugal non é casual, senón que reflicte a importancia estratéxica que a fortaleza de Monterrei xogou ao longo da historia. De feito, xa nas Cortes de Zamora do ano 1301 faise referencia á localidade como “a chave do reino de Galiciaâ€, algo que se manifesta na actualidade no feito de que sexa citada habitualmente como “a maior acrópole de Galiciaâ€. Máis que unha fortaleza, o recinto de Monterrei constitúe unha pequena cidade que se foi transformando co pasar dos séculos ata adquirir o seu espectacular aspecto actual.
Â
As orixes do castelo, o primeiro dos monumentos construÃdos no lugar, remóntanse ao século XII, época na que foi mandado edificar por Alfonso HenrÃquez, neto do rei Alfonso VI. Desde entón as dimensións e a importancia do recinto non deixarÃan de crecer converténdose ademais en escenario de diversos episodios históricos. Alà se estableceu durante varias semanas do ano 1366 o rei Pedro I O Cruel para reunirse cos seus aliados e preparar a estratexia no enfrontamento polo trono que mantiña co seu medio irmán Enrique de Trastámara. E alà foi tamén onde o rei Felipe O Fermoso se aloxou no ano 1506 para planificar os seus primeiros pasos no trono.
Â
Só uns poucos anos antes da visita de Felipe O Fermoso, a finais do século XV foi instalada no castelo unha das primeiras imprentas de Galicia e dela saÃu en 1494 o “Missale Aurienseâ€, considerado como o un dos primeiros incunables galegos e que na actualidade se conserva no Arquivo Diocesano da Catedral de Ourense. Asà mesmo, cabe supoñer que o escritor Tirso de Molina, pseudónimo literario do frade Gabriel Téllez, visitou o castelo de Monterrei a comezos do século XVI e utilizouno como fonte de inspiración para a súa obra “A galega Mari-Hernández†(1611), cuxo argumento se desenvolve en parte na devandita fortaleza.
Â
Ao castelo orixinal fóronselle sumando outras edificacións como a Torre das Damas, de finais do século XIII ou comezos do XIV, e a Torre da Homenaxe, construÃda polo primeiro conde de Monterrei, Sancho Sánchez de Ulloa, en tempos dos Reis Católicos. Cos seus máis de 20 metros de altura e os seus anchos muros, a Torre da Homenaxe é un dos elementos máis visibles de todo o complexo. No lintel da súa porta establécese o ano 1482 como data de finalización. Nos séculos posteriores engadÃuselle na súa parte superior unha espadana, hoxe en dÃa desaparecida.
Â
O hospital de peregrinos edificado a finais do século XIV e reconstruÃdo posteriormente aÃnda que conservando a súa entrada gótica proba a importancia que Monterrei desempeñou como lugar de paso para quen se dirixÃa a Santiago de Compostela pola VÃa da Prata. A igrexa de Santa MarÃa, dos séculos XIV ou XV con engadidos do XVII forma tamén parte do conxunto. Pero o outro gran elemento central do recinto é o Pazo dos Condes, construÃdo entre os séculos XVI e XVII e no que destacan as súas galerÃas de arcos adornadas con escudos de armas. Hoxe en dÃa acolle xunto coa antiga casa reitoral as instalacións do Parador Castelo de Monterrei.
Â
Na Idade Moderna, todo o recinto foi reforzado coa construción de dous espazos abaluartados que se sumaban á primeira estrutura inicial ampliando de forma notable a superficie do conxunto para dar cabida no seu interior aos conventos dos franciscanos e os xesuÃtas. Durante os séculos XVII e XVIII tamén se modernizaron as súas defensas con motivo dos conflitos con Portugal e da Guerra de Sucesión española. Eses reforzos, as dimensións do recinto e a súa posición estratéxica serÃan posiblemente algúns dos motivos que levaron ao Marqués da Romana a establecer alà temporalmente o seu cuartel xeral durante a Guerra da Independencia no ano 1809.
Â
Declarada monumento nacional no ano 1931 e convertida na actualidade nun importante polo de atracción turÃstico, a fortaleza de Monterrei mantén intacta a súa capacidade para asombrar aos visitantes e facelos viaxar a ese pasado cheo de historias.
Â
Â
