RomarÃa da Nosa Señora da Barca. MuxÃa
A romarÃa de Nosa Señora da Barca, en MuxÃa, é unha das máis importantes e de maior tradición de Galicia. A Santa non protexe contra ningún mal en concreto, senón que debe a súa popularidade a que concede todo aquel favor que lle sexa solicitado con fe. Este ano, as festas terán lugar do 10 ao 13 de setembro. Festa declarada de Interese TurÃstico Nacional.
É tradicional cumprir cos ritos da Pedra dos CadrÃs e da Pedra de Abalar, ás que se atribúen propiedades curativas.
Danzas Ancestrais de Darbo. Cangas
Festa de Interese TurÃstico que se celebra na parroquia de Darbo, no concello de Cangas. E, aÃnda que este ano non se celebran, queremos lembralas xa que están consideradas como unha das máis afamadas de todas as RÃas Baixas sendo un exemplo da mellor tradición de romarÃa. A festa consiste en misa, procesión e baile tradicional Danza e Contradanza diante da imaxe da Virxe.Â
Esta danza remóntase ao século XVI e báilase para dar grazas á Virxe polos favores recibidos durante o ano.Â
Festival da Luz 2021. Boimorto
Do 10 ao 12 de setembro celébrase en Boimorto uno dos Festivais máis esperados do verán.
Un total de vinte e dous artistas dunha diversidade de estilos musicais daranse cita os próximos dÃas 10, 11 e 12 de setembro en Boimorto, que acollerá unha nova edición do festival solidario impulsado por Luz Casal, natural do municipio coruñés.
Coque Malla, Nil Moliner e Estrella Morente figuran no cartel de esta edición. Os fondos que se recaden coa venda de entradas doaránse á Cruz Vermella Galicia e á Fundación Andrea, unha institución con sede en Santiago de Compostela que axuda de maneira altruÃsta aos nenos hospitalizados e ás súas familias.
https://www.festivaldelaluz.es/
Festival Primavera de Cinema. Vigo
O evento terá lugar en Vigo do martes 7 ao domingo 12 de setembro.
O festival, que este ano celebra o seu décimo aniversario, celébrase no mes de setembro, como algún dos principais certames cinematográficos da provincia de Pontevedra formando asà un circuÃto que comezará co Festival de Cans, continuará co Primavera do Cinema e seguirá co FIC Bueu e Play-Doc.
As proxeccións da sección oficial sometida a premio de público e de xurado terán lugar no Auditorio Municipal do Concello e, no caso das curtametraxes, no museo MARCO; estas veñen sendo as principais sedes do festival en toda a súa traxectoria.
