Melómanos, amantes da historia, afeccionados ao teatro e amigos das celebracións en xeral están de parabéns esta semana. A axenda volve ofrecer numerosas propostas coas que satisfacer as súas ganas de goce.
Â
Audacia. Festival de Artes e Emprendemento de Galicia
18 e 19 de outubro. Santiago de Compostela
Inspira, Emprende, Música e Expositivo son as catro seccións do Festival de Artes e Emprendemento Audacia, que se celebrará na Cidade da Cultura o venres 18 e o sábado 19. A proposta, incluÃda no programa O Teu Xacobeo, permitirá coñecer a creadores como Oliver Laxe e Sonia Iglesias, formarse con Iria Vázquez ou MarÃa Yáñez, gozar dos espectáculos musicais de The Primitals e Janet Novás e Mercedes Peón e visitar os espazos de institucións, entidades e emprendedores.
Máis información aquÃ
Â
As San Lucas
Do 17 ao 20 de outubro. Mondoñedo
Mondoñedo celebrará esta fin de semana un dos seus festexos máis tradicionais, As San Lucas. Farao con catro dÃas de actividades e música, e unha importante novidade: o Festival Intercéltico, que se celebrará a noite do sábado 19.
Máis información aquÃ
Â
Festival Galicreques
Toda a semana. Santiago de Compostela
A Fundación SGAE, o Teatro Principal, a Alameda e outros espazos de Santiago de Compostela acollerán durante toda a semana as representacións do vixésimo cuarto Festival Internacional Galicreques.
Máis información aquÃ
Â
FIOT
Ata finais de outubro. Carballo
O Festival Internacional Outono de Teatro prosegue a súa andaina esta semana con varias estreas e a visita dunha das actrices máis importantes da escena estatal. “Mozas e mozos†(venres 18), “Todas feren e unha mata†(sábado 19) e “A Andoriña†(domingo 20), obra que permitirá ver sobre o escenario carballés a Carmen Maura.
Máis información aquÃ
Â
Outono Códax Festival
15e 19 de outubro. Santiago de Compostela
A novena edición deste festival consagrado á música negra botará a andar esta semana coas dúas primeiras xornadas de actividades. O martes 15 actuarán Helen and Shana e o sábado 19 será a quenda de Kim Lenz, The Rhum Runners e Midnight Boozers. Ademais, haberá charlas e exposicións.
Máis información aquÃ
Â
Festival Rock Concello de Vigo
19 de outubro. Vigo
A terceira edición do Festival Rock Concello de Vigo encherá de música as instalacións do Ifevi este sábado durante máis de cinco horas. Sôber, Ñu, O Funkillo, Motores e Quarzum serán os encargados de facer vibrar ao público presente.
Máis información aquÃ
Â
Música en Camiño
19 e 20 de outubro. Tui, Tomiño e Pontevedra
O ciclo de concertos do programa Música en Camiño, organizado pola Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co apoio de O Teu Xacobeo, arrinca esta fin de semana con concertos en Tui (o sábado 19) e Tomiño e Pontevedra (domingo 20) e con dúas visitas guiadas por Tomiño e o Baixo Miño.
Máis información aquÃ
Â
Conmemoración da Batalla de Rande
19 de outubro. Redondela
Os actos organizados para conmemorar o 317 aniversario da Batalla de Rande trasládanse este sábado ao Museo Meirande.
Máis información aquÃ
Â
Â
Â
