Festa do choco
Do 10 ao 12 de maio – Redondela

A festa de exaltación deste cefalópodo ten lugar na RÃa de Vigo, e máis concretamente, en Redondela. Celébrase nunha carpa na Alameda onde se pode degustar a sepia cociñada polos restaurantes da zona.
O evento principal da festa é o concurso gastronómico no que pode participar quen desexe. Os premios divÃdense catro modalidades: á mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos.
Estes dÃas, Redondela ofrece un amplo programa de actividades festivo-culturais, bandas de música, deportes e xogos infantÃs, entre outras.
Festa da troita
Do 10 ao 12 de maio – Oroso

Desde 1996, enxálzase a longa tradición troiteira da localidade a través desta festa. O programa festivo dura toda a fin de semana, amenizando os dÃas con actuacións de charangas e orquestras, ademais de talleres infantÃs e xogos tradicionais. Destacan as actividades do domingo: un concurso de pesca e unha degustación gratuÃta de troitas.
A festa propón unha oferta de lecer para todos os gustos: desde un Festival Folk ata unha concentración de coches clásicos pasando por un ambiente excelente de tapeo e viños polos diferentes bares da zona, onde a tapa por excelencia será a troita.
Festa do Melindre e da ReposterÃa Tradicional da Terra
Do 10 ao 12 de maio – Melide

Desde hai vinte e dous anos, o segundo domingo de maio Melide recende a doce. AÃnda que os melindres e os amendoados son máis coñecidos, a sobremesa xenuÃna de Melide é o “ricoâ€, feito con manteiga de vaca, fariña, ovos, azucre e anÃs e nesta festa dáselles homenaxe con mostras e degustacións. Todo acompañado de música e baile a cargo de grupos tradicionais, un certame de debuxo infantil ou un recordo cara aos artesáns da localidade, os ferreiros ou os zapateiros.
Mostra do aceite de Quiroga
12 de mayo – Quiroga

Quiroga é unha das poucas zonas de Galicia que mantivo o cultivo da oliveira e a elaboración tradicional do aceite e, desde o ano 2000, celebra unha mostra para contemplar o proceso Ãntegro da súa elaboración artesanal e para dar recoñecemento aos produtores que aÃnda apostan por esta arte.
A reunión ten lugar nas Farrapas, na parroquia de Bendilló, no muÃño de aceite de Guillermo Nogueira. Os visitantes poden contemplar o proceso a través de dous moendas completas, empregando o instrumental e os procedementos que marca a tradición. Os colleiteiros venderán o seu aceite nos postos da zona e haberá outras delicatessen como as castañas, viño, mel ou licores caseiros. A xornada completarase con actuacións de música e danzas tradicionais, unha cata de aceites participantes con degustacións de polbo e carne á brasa.
Dálle a benvida a maio da mellor maneira posible! Deixámosche varias opcións para esta segunda fin de semana. Elixe a que máis che chame a atención e non dubides en achégate. Pasaralo xenial en calquera de elas!
