PortAmérica: música, gastronomía e natureza

O Festival PortAmérica celebrarase unha vez máis en Galicia o próximo mes de xullo, entre os días 13 e 15, aínda que este ano cambia a súa localización e trasládase a Caldas de Reis, contando unha vez máis coa mellor música independente nacional e internacional.

Nos últimos anos, PortAmérica consolidouse como unha proposta musical e gastronómica de gran importancia, e tras as súas seis edicións, a asistencia de público foise incrementando. Porque PortAmérica é moito máis que música e concertos; é un encontro gastronómico e de Estrelas Michelin (capitaneado por Pepe Solla). Así pois, a zona gastronómica (ShowRocking) é outro dos seus puntos fortes, outra das grandes protagonistas.

Un ano máis conta cun importante espazo destinado ao mercado onde ver e comprar produtos froito do talento de deseñadores e creadores galegos. Moda, estética e arte teñen cabida neste mercado.

Por só 3 euros, os asistentes poderán instalar as súas tendas de campaña, furgonetas ou caravanas nun espazo acondicionado para a ocasión. O único requisito para acceder á acampada é que, ademais da entrada específica, un adquirise unha entrada para o festival. Ademais, toda a recadación desta zona de acampada será destinada a un fin solidario. Este ano, será o Comité Español de ACNUR quen se beneficie do granito solidario do PortAmérica.

Entre os artistas confirmados para esta edición están os xa fieis ao festival (Iván Ferreiro e Xoel López), pero tamén grupos de recoñecida fama internacional, como The Horrors ou Rufus T. Firefly, así como grandes referentes do noso país, como son Carlos Sadness, Nenos Mutantes, Triángulo de Amor Bizarro, Leiva ou Carlos Jean.

Hai que destacar tamén que cada ano o festival incrementa a súa asistencia nunha media do 25%, e é todo un exemplo de dinamización cultural e turística na provincia.

En resumo, hai toda unha suma que fai que, a pesar da súa curta idade, o festival PortAmérica sexa xa un dos festivais de referencia no noso país.

Vés?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *