Recostada sobre o Atlántico, a penÃnsula de Camariñas é un dos lugares máis emblemáticos e máxicos da Costa da Morte. As augas que bañan as súas costas e as súas praias, as xentes que habitan os seus pobos e aldeas, e os cantÃs e montes que se alzan sobre as súas terras atesouran historias de naufraxios e de heroÃsmo, exemplos de tradicións seculares e reliquias que nos murmuran o xeito de vida dos seus primeiros habitantes.
Â
Camariñas mira cara ao sur, cara ás protectoras augas da rÃa que comparte co municipio veciño de MuxÃa. Pero tamén se asoma cara ao norte, cara á perigosa ondada do océano, un espazo convertido á vez en fonte de vida para este pobo de pescadores e en escenario de tráxicos sucesos cuxa pegada aÃnda permanece visible a modo de recordatorio dos perigos do mar e de homenaxe aos que perderon a vida. E é alÃ, onde as ondas golpean unha franxa de terra que alterna area e roca, onde podemos atopar un espazo que xunta boa parte dos atractivos que converteron Camariñas nun lugar de parada ineludible para todos aqueles que visitan a Costa da Morte.
Â
Famoso polo seu encaixe de palillos, o municipio ten moito máis que ofrecer. Un bo exemplo diso é a zona de Reira, un espazo que se atopa a medio camiño entre os cabos Vilán e de Trece. É este un lugar golpeado polo mar e polo vento, pero que nos regala varias praias de area branca (Area Grande, Area Longa, Pedrosa…) onde gozar da calor e das súas augas nas xornadas estivais, pasear en calquera época do ano e contemplar as súas fantásticas vistas. Cara ao oeste álzase a silueta do cabo Vilán e o seu emblemático faro, un edificio construÃdo a finais do século XIX tras o tráxico afundimento do cruceiro británico Serpent, no que faleceron case dous centos de persoas.
Â
O faro lémbranos o perigo da zona, pero regálanos tamén a vista con belas estampas, especialmente á noitiña cando a luz do sol comeza a desaparecer e a ser substituÃda polo potente feixe artificial da torre levantada sobre o cabo. Son moitos os que acoden ata os seus pés para contemplar ese espectáculo, pero desde a zona de Reira atopamos unha panorámica diferente da posta de sol.
Â
Non é ese o único prodixio da natureza do que podemos gozar no lugar. A auga e as rochas tamén se alÃan alà para regalarnos auténticas obras de arte que fan ao espectador dubidar se a natureza foi capaz de esculpir pezas de formas tan singulares. É o que ocorre cando contemplamos a Pedra dos Namorados, dúas moles que parecen fundirse en apaixonado bico, ou cando descubrimos que quen bautizou con ese nome á Pedra do Oso estaba a facerlle xustiza. Custa crer que o animal pétreo que se alza desafiante sobre as rochas non fose modelado por unha man humana. A súa figura é un dos puntos máis fotografados de Camariñas e atrae a atención de moitos curiosos e visitantes. Parte da súa fama actual débese a un curioso suceso ocorrido hai agora 18 anos, cando a pedra desapareceu misteriosamente da súa morada habitual. Poucos dÃas despois de que os veciños alertarán da subtracción a figura foi localizada na Coruña, cidade ata a que fora transportada por unha empresa para empregala como ornamento dunha nova construción. A Pedra do Oso regresou a Reira sen unha das súas patas, pero o suceso serviu para poñer en valor este monumento natural.
Â
Nas súas inmediacións, pero un pouco máis afastadas do mar, outras pedras chaman tamén a atención dos visitantes, aÃnda que neste caso non se trata de caprichos da natureza, senón do legado de actividades desenvolvidas polos antigos habitantes da zona. É o caso da Mámoa de Reira, un monumento funerario megalÃtico cuxa construción se remonta ao perÃodo comprendido entre o NeolÃtico e a Idade de Bronce. Baixo o cúmulo de pedras e terra repousan os restos das persoas que alà viviron hai varios milenios. Máis recente é o Foxo dos Lobos construÃdo non moi lonxe de alà e que garda o recordo dunha práctica común de moitos puntos de Galicia, pero desaparecida hai máis dun século. Trátase de dúas paredes de pedra que converxen nun foso e que eran empregadas para capturar aos lobos que ameazaban o gando.
Â
Todos estes espazos están ao alcance de calquera persoa que visite a zona e daqueles que sigan o trazado de varios dos itinerarios que cruzan esa parte do litoral camariñán, como os roteiros municipais Costa da Morte e Litoral, ou a quinta etapa do Camiño dos Faros.
