Son moitos os lugares de Galicia onde historia e lenda se mesturan para explicar episodios moi remotos (e non tanto) e dar resposta á natural curiosidade dos seus habitantes. O municipio de Noia é unha desas paraxes fértiles en narracións de connotacións lendarias.
Â
Noé, Noela e Noia
O propio topónimo remÃtenos a ese difuso territorio debido a que, segundo conta a tradición, entronca coa historia do patriarca bÃblico Noé. AsÃ, a localidade de Noia foi bautizada con ese nome por Galo Gafeto en homenaxe á súa esposa Noela, neta de Jafet, un dos fillos de Noé. O relato desas orixes lendarias chegou ata os nosos dÃas a través do escudo do municipio, no que se pode ver unha imaxe da embarcación de Noé e da pomba coa rama de oliveira que segundo a narración bÃblica anunciou a proximidade de terra firme.
Â
A torre maldita
A igrexa de San Martiño, situada na céntrica praza do Tapal, é a protagonista doutra historia, neste caso tráxica, que serve para explicar o aspecto inacabado da súa fachada, cunha soa torre que rompe a simetrÃa. Conta a lenda que o mestre canteiro responsable da obra morreu ao caer desde o alto mentres construÃa a segunda torre e que unha maldición caerá sobre quen trate de concluÃr o traballo. AsÃ, similar sorte correu no ano 1973 o director de cinema Claudio GuerÃn Hill mentres rodada a súa segunda pelÃcula, A campá do inferno. O cineasta ordenara completar a estrutura cun decorado en cartón pedra e durante o último dÃa de rodaxe precipitouse desde o alto morrendo a causa do impacto. Juan Antonio Bardem foi o encargado de completar a rodaxe dunha pelÃcula elevada xa á categorÃa de culto.
Â
A serpe da Quintana dos Mortos
A Quintana dos Mortos, o espazo funerario situado xunto á igrexa de Santa MarÃa A Nova, é un dos cemiterios máis singulares do paÃs e como tal foi declarado Monumento ArtÃstico-Nacional fai case medio século. Ademais, dispón da súa propia lenda, segundo a cal unha enorme serpe vivÃa no lugar e devoraba a todo aquel que se achegaba ata alÃ. Un cabaleiro, tras encomendarse á Virxe, matou á serpe coa súa espada, tal como lembra a imaxe tallada no escudo que preside a entrada ao recinto. Outra serpe é a protagonista dun relato que ten como escenario unha cova situada no rÃo San Xusto. Neste caso, a lenda di que este exemplar era tan grande que cando se achegaba ás aldeas próximas en busca de ovellas que devorar a súa cola permanecÃa na cova.
Â
A sirena de Punta Paralada
En Punta Paralada ou Pedra da Fada, un dos recunchos que traza o rÃo Tambre antes de chegar ao mar, non só é posible gozar dunha bela panorámica da rÃa de Noia, senón tamén recrearse tratando de localizar outra criatura lendaria. Contan que na zona, próxima tamén á Cova do Encanto, vivÃa unha serea.
Â
A capela perdida de San Bartolomeu
Son varias as lendas que falan en Noia de aldeas mergulladas baixo as augas. A máis estendida explica que fronte a aldea da Barquiña, no illote de San Bartolomeu, habÃa unha capela cuxas campás aÃnda se poden ver cando baixa moito a marea.
Â
O Pozo das Pombas
Diversos relatos converxen nas augas do rÃo Traba. Un fala de que as pedras do leito forman un pozo cunha escaleira no que habita unha fada que se deixa ver a noite de San Xoán, pero outros se refiren á existencia dun tesouro oculto e mesmo dun túnel que comunicarÃa o lugar coa praza do Tapal.
Â
Máis información aquÃ
Â
Â
