Galicia, na súa acepción máis ampla e desde as ópticas e os ámbitos máis variados, é a fonte de inspiración principal dos autores que desde hai máis de medio século teñen sido homenaxeados co DÃa das Letras Galegas. Todos eles contribuÃron á difusión da cultura e da lingua desta terra a través de ensaios, novelas, poemarios e outros textos diversos. En moitos casos, ademais, esas obras convertéronse en xanelas polas que asomarse a Galicia, en textos cos que deixarse guiar a través das nosas paisaxes e monumentos. Velaquà só unha pequena mostra das “guÃas†que nos regalaron algúns dos nosos autores máis ilustres.Â
Â
“Cantares gallegosâ€
RosalÃa de Castro. Homenaxeada no ano 1963
Esta obra de RosalÃa de Castro é un dos textos fundacionais do Rexurdimento literario galego e constitúe toda unha declaración de amor a Galicia. Entre os seus versos aparecen reflectidos as súas paisaxes, os seus habitantes, os seus costumes e a forma de vida tradicional. Algúns dos seus poemas permiten achegarnos a lugares e momentos concretos, como a celebración da romarÃa da Barca, en MuxÃa. A importancia de “Cantares Gallegos†é tanta que a elección do 17 de maio como DÃa das Letras Galegas débese precisamente a que foi ese dÃa do ano 1863 cando se publicou o primeiro exemplar da obra.
Â
“GuÃa de Galiciaâ€
Ramón Otero Pedrayo. Homenaxeado no ano 1988
“Aparece este libro inspirado polo ambicioso desexo de ser o amigo e camarada do viaxeiro que chegue a Galicia co espÃrito aberto ás belezas naturais e artÃsticas, ás realidades presentes e pasadasâ€. Asà describe a súa “GuÃa de Galicia†o propio Otero Pedrayo no prólogo desta obra na que inclúe itinerarios para percorrer esta terra deténdose nos seus lugares de maior interese. Publicada por primeira vez hai case un século e en castelán, a obra mantén o seu interese pola erudición do autor e a vixencia de moitos dos seus contidos.
Â
“As cruces de pedra na Galizaâ€
Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao. Homenaxeado no ano 1964
A procura dos vÃnculos culturais entre Galicia e os demais pobos celtas levou a Castelao a emprender un estudo dos cruceiros e outras construcións similares que se prolongarÃa durante boa parte da súa vida. “As cruces de pedra na Galizaâ€, obra publicada postumamente en 1950 daba continuidade á obra que Castelao dedicara aos cruceiros da Bretaña francesa e a traballos previos, como o discurso preparado con motivo do seu ingreso na Real Academia Galega. As descricións de cruceiros, petos de ánimas e calvarios e as decenas de ilustracións que as acompañan converten este libro nun manual de consulta indispensable para a amantes da arte popular.
Â
“Queixumes dos pinosâ€
Eduardo Pondal. Homenaxeado no ano 1965
Os propios piñeiros que dan tÃtulo ao poemario e aos seus versos máis famosos (os que forman o Himno galego) son un dos moitos elementos do seu Ponteceso natal visibles nesta obra de Eduardo Pondal. A costa de Camelle, a paisaxe do Monte Branco, a carballeira de Verdes, o dolmen de Dombate e o curso do rÃo Anllóns poboan tamén estas páxinas consagradas ás terras da comarca de Bergantiños e os seus arredores.
Â
“A cociña galegaâ€
Ãlvaro Cunqueiro. Homenaxeado no ano 1991
Autor prolÃfico e de imaxinación desbordante, Ãlvaro Cunqueiro foi tamén un apaixonado do bo comer, como reflectiu en varias das súas obras. En “A cociña galega†fai un repaso pormenorizado aos principais ingredientes e pratos da gastronomÃa desta terra percorrendo toda Galicia á procura de ritos tradicionais, como a matanza, e aderezando as súas páxinas con innumerables anécdotas.
Â
“A Esmorgaâ€
Eduardo Branco Amor. Homenaxeado no ano 1993
AÃnda que se trata dunha obra de ficción en clave dramática, “A Esmorga†é tamén unha porta aberta á cidade de Ourense, en cuxas rúas se desenvolven os principais acontecementos da historia dos seus protagonistas. As Burgas, a Fonte de San Cosme, a praza do Corrixidor, a Alameda e outros espazos da cidade, nomeada como Auria na novela, aparecen nas súas páxinas, o que propiciou que hoxe en dÃa o propio concello deseñase unha ruta turÃstica seguindo os pasos das personaxes de Branco Amor.
Â
“GuÃa de Galicia para o Turistaâ€
Eladio RodrÃguez González. Homenaxeado no ano 2001
A 1917 remóntase xa a publicación que por encargo da Asociación de Hostaleiros e Fondistas de Galicia escribiu o poeta, xornalista e lexicógrafo Eladio RodrÃguez. O volume inclúe descricións e recomendacións das principais cidades e localidades de Galicia e do mesmo xeito que ocorre coa guÃa de Otero Pedrayo permÃtenos comprobar hoxe en dÃa canto cambiaron todos eses lugares.
Â
“Arrodeos e desvÃos do Camiño de Santiago e outras rotasâ€
UxÃo Novoneyra. Homenaxeado no ano 2010
Folgoso do Courel, o seu municipio natal, foi o escenario que inspirou moitos dos versos deste gran poeta, pero a súa lÃrica deixouse cativar por outras moitas paisaxes de toda Galicia. Este volume recolle aqueles versos ligados entre si por estar protagonizados por espazos emblemáticos das distintas rutas do Camiño de Santiago como O Cebreiro, Compostela ou Fisterra.
Â
“Santiago de Compostela. GuÃa dos seus monumentos e itinerariosâ€
Xosé Filgueira Valverde. Homenaxeado no ano 2015
A divulgación do patrimonio galego ocupou boa parte da produción literaria do que, entre outros moitos cargos, ostentou durante case medio século a dirección do Museo de Pontevedra. Unha das súas primeiras publicacións nese ámbito foi esta esta guÃa de Compostela editada a comezos dos anos 30 e que nos permite contemplar como era a cidade hai case un século.Â
Â
“Terra Cháâ€
Manuel MarÃa. Homenaxeado no ano 2016
Como o seu propio nome indica a comarca natal de Manuel MarÃa é o tema central deste poemario. As paisaxes da contorna do rÃo Miño, monumentos como a Torre de Vilalba ou o Pazo de Sistallo e a evocación de romarÃas tradicionais como a da Virxe da Saleta, en San Xiao de Mos (Castro de Rei), nutren este poemario publicado por primeira vez en 1954 e que inspirou tamén unha ruta pola zona que ten como punto de partida a casa museo do autor, situada en Outeiro de Rei.
Â
“Hemingway en Galiciaâ€
Carlos Casares. Homenaxeado no ano 2017
A admiración que Carlos Casares sentÃa por Ernest Hemingway, escritor ao que o unÃan vÃnculos narrativos e estilÃsticos, traduciuse nesta obra. Nela rastrexou a través das cartas e os textos de Hemingway os pasos por esta terra que deu o autor de tÃtulos como “O vello e o marâ€, obra que o propio Casares se encargou de traducir ao galego. Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Vigo e Noia son algúns das localizacións ás que fai referencia Hemingway recomendando a súa visita a amigos e compañeiros de oficio.Â
Â
“Lugoâ€
Antón Fraguas. Homenaxeado no ano 2019
A etnografÃa, a xeografÃa e a historia de Galicia en xeral e daqueles lugares polos que pasou en distintas etapas da súa vida en particular foron os principais ámbitos de creación e divulgación literaria de Antón Fraguas. à cidade de Lugo, onde residiu na década dos anos 50, dedicoulle unha das súas obras máis importantes, unha monografÃa na que combinou un repaso á historia da cidade cunha descrición dos seus monumentos e celebracións máis importantes.
Â
“Galiciaâ€
Ramón Piñeiro. Homenaxeado no ano 2009
Os textos de Ramón Piñeiro, figura clave do galeguismo e da difusión da cultura de Galicia, combÃnanse neste volume coas fotografÃas de VÃctor Vaqueiro para convidar o lector a un percorrido por unha terra que o autor define como “un paÃs da Europa húmida, encrucillada atlántica entre o norte e o sur do continenteâ€.
