Este Parque Nacional marÃtimo-terrestre está formado por varios arquipélagos situados fronte ás RÃas Baixas: os de Cortegada e Sálvora na rÃa de Arousa, o de Ons na rÃa de Pontevedra e o de CÃes na de Vigo.
Hai que ter en conta que temos que coidar estes tesouros naturais para conservalos, o que significa respectar todas as normas cando os visitamos. AsÃ, por exemplo, non poderemos tirar resÃduos, arrincar vexetación, coller cunchas, facer pesca submariña ou deportiva, facer ruÃdo, levar animais domésticos (agás cans guÃa), introducir especies animais ou vexetais, achegarnos aos cantÃs, etc. Por certo, pódese facer snorkel sen chumbos nas zonas de baño tranquilamente, mais o mergullo con outro tipo de equipo precisa autorización. Para aproveitar mellor a visita, é recomendable seguir a orde dos itinerarios sinalizados, que poden ser guiados se o solicitamos con antelación. Para lembrar todo isto e máis, cada arquipélago conta co seu posto de información.Â
O número de visitantes ao dÃa, de campistas, ou de fondeos de barcos privados está regulado, asà como as zonas de fondeo e as rutas de paseo polas illas, por mor da conservación do ecosistema, claro.
É bo ter claro o tema das tempadas. Dunha banda, temos a tempada alta, que abrangue a Semana Santa e o perÃodo estival, do 15 de maio e o 15 de setembro; doutra, a tempada baixa, que é o resto do ano.Â
En canto ao acceso ás illas, temos que contar con que so hai liñas de transporte marÃtimo regular para visitar as CÃes e Ons, e únicamente en tempada alta. Antes de sacar o billete hai que solicitar unha autorización da Xunta a través da web http://illasatlanticas.gal. Nestes dous arquipélagos tamén está permitido acampar, previa autorización, como non, sendo 15 o número máximo de dÃas seguidos que se pode ficar. Hai que reservar con antelación para obter a tarxeta de campista, pois para o resto de visitantes os billetes son sempre de ida e volta. Se ademais de durmir queremos comer algo, contamos con establecementos hosteleiros nas CÃes e en Ons.
En tempada baixa, as visitas organÃzanse a través das navieiras, en grupos de non máis de 25 persoas cun guÃa acreditado polo parque nacional. Neste caso, son as navieiras as que se encargan das autorizacións. Asà é como se accede a Sálvora e Cortegada en tempada alta e baixa, xa que non teñen liñas regulares. Durante todo o ano está permitido o acceso a todas as illas en embarcacións privadas, en determinadas zonas e sempre coas autorizacións pertinentes.
O arquipélago de CÃes, na bocana da rÃa de Vigo, pertence ao concello de Vigo. Está formado por tres illas (Monteagudo, Faro, San Martiño) e illotes (Agoeiro ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelas, Ruzo). Aquà temos unha das praias máis famosas de Galicia e do mundo: a praia de Rodas, que une Monteagudo e Faro. Nos puntos máis altos hai miradoiros con vistas impresionantes, como O Alto do PrÃncipe. Ademais da riqueza natural, as illas contan con restos de asentamentos, xa que no pasado estiveron habitadas. As liñas regulares para visitar as CÃes saen de Vigo, Baiona e Cangas do Morrazo.
O arquipélago de Ons pertence ao concello de Bueu. Está fronte á rÃa de Pontevedra, e o forman as illas de Ons, aÃnda poboada, e a de Onza, máis pequena e reserva toda ela.. En Ons hai moita furna, a máis tebrosa, O Buraco do Inferno. Tamén ten arenais acolledores, como a praia e as dunas de Melide. E a visita é de interese etnográfico, pois ademais de estar poboada, Ons ten un rico patrimonio de contos e lendas, e un polbo moi rico. O transporte marÃtimo sae de Bueu, Sanxenxo, Portonovo e MarÃn.
O arquipélago de Cortegada está no interior da rÃa de Arousa, na desembocadura do rÃo Ulla, e pertence ao concello de VilagarcÃa de Arousa. Son illas máis recollidas, protexidas da forza mariña, nas que os fondos son areosos, ideais para o cultivo da ameixa. A illa de Cortegada ten un peculiar bosque de loureiros, ademais dos restos dunha aldea e da ermida dos Milagros. No illote de Malvinas Grande, atopamos un bosque de cerquiños, dos poucos que hai na costa atlántica. As embarcacións para visitalas parten de VilagarcÃa de Arousa e Carril.
O arquipélago de Sálvora está no concello de Ribeira. Estas illas e illotes protexen a rÃa de Arousa polo norte. Mentres a illa de Sálvora é bastante chá, con moitas dunas e bolos granÃticos, os illotes de Noro e Sagres son fundamentalmente rochosas. Noutro tempo, Sálvora estivo habitada, e aÃnda fican restos da aldea. É illa de moitas lendas, como a da serea, lembrada por unha escultura sobre as rochas. Os barcos con visitantes parten sobre todo do Grove e Aguiño; outros saen de Ribeira, A Pobra, Boiro, A Illa de Arousa e VilagarcÃa; ocasionalmente, saen de Bueu.
Se andamos pola zona, é recomendable ir ao Centro de Visitantes das Illas Atlánticas, en Vigo que, ademais de ofrecer información e ampliar a nosa visión do Parque Nacional, organiza actividades, xornadas, obradoiros, programas de voluntariado, de formación de guÃas… tanto no centro como nas illas. Até se pode participar ofrecendo a nosa colaboración observadora nas investigacións sobre bolboretas, por exemplo. Doutra banda, hai actividades didácticas dirixidas aos distintos ciclos dos centros educativos, e mesmo xogos interactivos na propia web.Â
Tamén hai centros nas illas: o Centro de Visitantes da Illa de Ons e o Centro de Visitantes das Illas CÃes, abertos polas tardes en tempada alta. Na illa de Sálvora está a Exposición do Pazo de Sálvora, aberta todo o ano.
Para calquera dúbida, solicitación de autorizacións, descarga de folletos, etc: http://illasatlanticas.gal
