OÂ stand galego conta con preto de 1.300 metros cadrados para presentar toda a oferta turÃstica da Comunidade galega en Madrid entre os dÃas 18 e 22 de xaneiro.
 No recinto de promoción galego celebraranse 17 presentacións relacionadas co Turismo galego.
A Xunta de Galicia, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción TurÃstica de Galicia, Turgalicia, dependente da SecretarÃa Xeral para o Turismo, instalou o seu stand institucional para a promoción do Turismo de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur 2012, entre os dÃas 18 e 22 de xaneiro. Son preto de 1.300 metros cadrados de superficie dedicados á difusión turÃstica da Comunidade galega nun dos principais mercados do mundo. Ademais, o longo destes dÃas os que ao celebraranse no recinto de promoción galego 17 presentacións relacionadas co Turismo de Galicia.
Este ano, o stand da Xunta de Galicia presenta como novidade os dez produtos cabeceira de marca por medio dos que, a partir de agora, se comercializará o destino turÃstico Galicia, baixo o paraugas da marca Galicia, gárdasme o segredo?.
Os produtos cabeceira de marca pódense considerar exclusivos de Galicia, de xeito que permiten a diferenciación dos recursos competidores, ao tempo que inclúen os principais servizos turÃsticos galegos.
Este produtos son: Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, A ruta da camelia, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia, Santuarios máxicos, Turismo mariñeiro, Paseando entre viñedos, Patrimonio oculto e Lugares únicos.
 Xeodestinos
Por outra parte, a Xunta de Galicia, por medio do stand de Galicia en FITUR, difundirá entre os operadores turÃsticos e o público xeral o mapa de Xeodestinos, presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo en Santiago de Compostela o pasado 30 de novembro.
Os xeodestinos constitúen un novo concepto de ordenación e promoción do destino turÃstico Galicia dividindo o territorio galego en 14 áreas turÃsticas, agrupadas segundo as singularidades de cada zona.
 Deste xeito, Galicia dÃvidese turisticamente nos seguintes xeodestinos: RÃas Altas (Ferrolterra-Eume e A Coruña-As Mariñas), Costa da Morte, Terras de Santiago, Mariña Lucense, Lugo e A Terra Chá, Ancares-Courel, Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terras de Ourense e Allariz, Celanova-A Limia, VerÃn-Viana, Manzaneda-Trevinca, RÃas Baixas (RÃa de Muros e Noia, RÃa de Arousa e Terras de Pontevedra e RÃa de Vigo e Baixo Miño) e Deza-Tabeirós.
Stand de Galicia
Nesta edición de FITUR, o stand galego conta cunha superficie de 1.293 metros cadrados e estará situado no pavillón 9, parcelas 9C07/9C09.
Desde a perspectiva da comunicación turÃstica, o recinto posicionará a marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo?, poñendo en valor os recursos turÃsticos galegos baixo este paraugas, mediante un xogo de insinuacións e segredos a medio desvelar que busca espertar a curiosidade dos visitantes.
AsÃ, a súa estética transmite unha atmosfera particular e orixinal a través dunha imaxe cálida, amable, alegre e positiva que potenciar Galicia como un destino turÃstico con personalidade propia.
