Galicia é coñecida polas súas praias, a súa gastronomÃa, as súas paraxes naturais ademais da súa riqueza arquitectónica e etnográfica. Con todo, hai outros moitos atractivos que, malia que pasen máis desapercibidos, tamén che están agardando nesta terra. Un deles é o denominado astroturismo, o turismo orientado aos afeccionados á astronomÃa. Nesta guÃa propoñémosche algúns dos lugares e actividades que non te podes perder se es un verdadeiro fan dos ceos estrelados.
Â
Parque Nacional das Illas AtlánticasÂ
A Fundación Starlight, entidade impulsada desde o Instituto de AstrofÃsica de Canarias, concede anualmente certificacións a aqueles lugares que cumpren unha serie de requisitos que acreditan unha excelente calidade de ceo. Galicia conta con dous sitios certificados, e un deles é o arquipélago das Illas Cies, no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Situado nas RÃas Baixas e formado por catro arquipélagos, ofrece unhas vistas espectaculares do ceo estrelado. Nas Illas non hai contaminación lumÃnica, o que as converte nun dos mellores lugares de Galicia para a contemplación estelar. Ademais, nas illas hai instalados planisferios celestes para facilitar a interpretación do ceo. Dende alà poderemos observar a Lúa, as estrelas, satélites artificiais, meteoros, estrelas fugaces.Â
Pena Trevinca
O punto máis elevado de Galicia, en Pena Trevinca (A Veiga) é o outro destino Starlight da comunidade. E non é só cuestión de altitude, posto que as condicións lumÃnicas e a ausencia de edificios confÃrenlle ao lugar as condicións idÃlicas para a observación do ceo nocturno. As mellores vistas son as dos miradoiros estelares do Rañadoiro e Tablilla das Lagoas. Ambos contan con paneis informativos e planisferios con manuais de uso. Se o que prefires é ir acompañado nunha visita guiada podes consultar o Facebook do Destino TurÃstico Starlight Trevinca, xa que organizan actividades mensuais.
Â
Casa das Ciencias
No parque coruñés de Santa Margarida está situada a Casa das Ciencias. AÃnda que o resto do museo está pechado, o planetario, situado na cúpula superior, acaba de reabrir as súas portas tras a pandemia. Reservando previamente cita na súa web, poderás gozar dunha proxección esférica de excelente calidade que reproduce con gran realismo o ceo nocturno, o Sistema Solar ou a VÃa Láctea. Actualmente hai catro sesións sesións diarias con contidos diferentes ás 11:00, 13:00, 17:00 e 19:00 horas por un prezo de dous euros.
Â
Observatorio de Forcarei
Preto do lugar das Casetas, no municipio pontevedrés de Forcarei, atópase un dos principais observatorios de Galicia, o Observatorio Astronómico de Forcarei. Está situado no alto dun outeiro con moi pouca contaminación lumÃnica, ao non haber núcleos de poboación próximos. Ademais, o sistema montañoso protéxeo das luces doutros concellos próximos. Deste xeito obtense unha situación propicia para a observación do ceo estrelado en 360º, tanto ao descuberto como a través de telescopio.Â
Â
Programa ‘AstronomÃa nas Rutas Xacobeas’
O Observatorio Astronómico Ramón MarÃa Aller da Universidade de Santiago de Compostela organiza o programa ‘AstronomÃa nas Rutas Xacobeas’. Esta iniciativa pretende divulgar a astronomÃa por toda Galicia a través de sesións de observación nocturna, presentacións, conferencias… Nelas explÃcase a conexión das estrelas e da VÃa Láctea co Camiño de Santiago e os peregrinos. O programa comezou en xullo, estenderase ao longo do mes de agosto e rematará en setembro.
Â
Outras instalacións, como as do observatorio de Cotobade permanecen aÃnda pechadas por mor da pandemia do coronavirus, pero Galicia dispón doutros moitos lugares nos que deterse a mirar ao ceo. Miradoiros situados en cumes ou lugares apartados de núcleos de poboación, moitos espazos de zonas rurais afastados da contaminación lumÃnica e mesmo concorridas praias que se baleiran de bañistas e luz á noitiña agardan para mostrarnos o espectáculo que se abre sobre as nosas cabezas.
