Espazos Sonoros pon música aos lugares máis singulares
Â
Música e patrimonio volven darse a man grazas ao programa Espazos Sonoros, que levará varias actuacións en vivo a espazos cargados de historia das catro provincias galegas.
Â
O programa, promovido pola ConsellerÃa de Cultura e que suma xa 12 edicións, arrincou o domingo pasado en Baiona e prolongarase ata o 6 de outubro. En total son 8 as citas organizadas noutras tantas localizacións e co denominador común de axudar a dar a coñecer o patrimonio monumental a través de músicas de raÃz e de tradición culta. A capela do antigo instituto da Fundación Blanco de Lema (Cee), as igrexas da Santa Liberata (Baiona), Santo Estevo de Chouzán (Carballedo), Santa MarÃa de Penamor (Becerreá) e San Miguel de Lebosende (Leiro), o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil), o Pazo do Faramello (Rois) e a Catedral de Tui son os oito Espazos Sonoros desta edición.
Â
Todas as actuacións serán gratuÃtas e de entrada libre ata completar o aforo, pero nalgúns casos por mor das limitacións de espazo será necesario inscribirse previamente. Os interesados poden facelo poñéndose en contacto cos organizadores a través do correo electrónico actividades@espazossonoros.org.
Â
Esta semana son dous as citas programadas e en ambos os casos a proposta será dobre. A igrexa de Santo Estevo de Chouzán, no municipio lucense de Carballedo, acollerá o sábado (ás 18 horas) a actuación do dúo Francanapa. Susanne Hofmann (violÃn) e MatÃas González (bandoneón) interpretarán un concerto que leva por tÃtulo As sonoridades do tango: de Bach a Piazzola. A actuación será o colofón a unha xornada que incluirá tamén un roteiro de sendeirismo polas inmediacións do lugar. O cemiterio de Chouzán servirá de punto de partida (ás 12 horas) a un percorrido circular de 4 quilómetros de lonxitude (2,5 horas de duración) co que os organizadores queren dar a coñecer a riqueza patrimonial que quedou mergullada pola construción do encoro dos Peares. A actividade foi deseñada para un máximo de 60 persoas, asà que é necesario inscribirse previamente.
Â
Un dÃa despois, o domingo 8, os Espazos Sonoros trasladaranse ata Parada de Sil, na provincia de Ourense, para ofrecer outra proposta dobre co mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil como pano de fondo. Neste caso, a xornada arrincará ás 12 horas cun taller participativo de aproximación á voz como instrumento no que tomarán parte MarÃa Giménez, Eliseu Mera, Felipe RodrÃguez, UxÃa Delgado, Pablo Ruibal e, como moderador, Andrés DÃaz. O público poderá interpretar dúas ou tres pezas, que serán gravadas e repartidas entre todos os participantes. Xa pola tarde, ás 15 horas está prevista unha visita guiada ao mosteiro na que o arqueólogo e divulgador Anxo Concheiro relatará aos asistentes no taller a historia e as particularidades do lugar.
Â
A seguinte parada do programa será o sábado 14 en Tui cun concerto do pianista e organista Michael Schöch e un percorrido por ambas marxes do rÃo Miño en busca da tradición organista da zona. O sábado 21 chegará o momento de visitar o municipio de Cee para coñecer o museo e os xardÃns da Fundación Fernando Blanco e gozar da música do guitarrista Mateo Arnáiz. O domingo 29, o Pazo do Faramello, en Rois, acollerá a actuación de RosalÃa Gómez Lasheras, que interpretará un recital de fortepiano. Xa en outubro, os Espazos Sonoros visitarán Leiro (sábado 5) onde actuará o grupo L’Unisoni e haberá un roteiro seguindo a pegada do románico local, e Becerreá (domingo 6), para escoitar a Capella de Ministrers e coñecer o mosteiro de Santa MarÃa de Penamaior.
Â
Máis información aquÃ
Â

Eu gosto muito de ir a Galiza, ya vivi muitos anos en Vigo e tamben en Lugo (Terra Chá), e teño bos recordos de amizade y compañeiros de traabajo en astilleros. En canto poda, vou outra vez a Vigo.