A vide e o viño forman parte da identidade histórica, cultural e paisaxÃstica de Galicia, constituÃndo o sector vinÃcola unha peza clave do complexo agroalimentario galego, que se articula fundamentalmente ao redor das cinco denominacións de orixe existentes: Monterrei, RÃas Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras.
AÃnda que o termo “enoturismo†é bastante recente, fai referencia a un fenómeno que se remonta a fai case cincuenta anos, cando se creou a famosa Opus Wine Winery en Estados Unidos. Este fenómeno estendeuse a diferentes paÃses latinoamericanos e acabou chegando ao “vello continenteâ€. Foi entón cando en Francia, un dos primeiros destinos turÃsticos do mundo, impulsáronse as rutas do viño e, máis tarde, empezou a facerse o mesmo en España, primeiro paÃs en produción vitivinÃcola do mundo.
O enoturismo chega entón a estas terras, convidándonos a descubrir as paisaxes da viticultura de Galicia e a maxia dunha contorna envolta en aromas e en cores que cambian con cada estación, asà como a visitar adegas centenarias e degustar os mellores viños da nosa terra.
Asà pois, e a través das cinco rutas (correspondentes ás cinco denominacións de orixe), ofréceselle ao visitante a oportunidade de pasear entre os viñedos e descubrir a riqueza que conteñen.
Cabe destacar que, desde o ano 2013, Turismo de Galicia ofrécenos unha ferramenta máis á hora de meternos neste tipo de turismo presentando unha aplicación gratuÃta para smartphones na que, con datos proporcionados por diferentes Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, proporciónasenos información acerca das caracterÃsticas de cada ruta e dos seus viños, asà como un mapa interactivo que localiza a nosa posición e axúdanos a dirixirnos facilmente cara aos lugares de interese.
Se aÃnda non viviches esta experiencia, desde aquà animámoste a facelo, posto que é unha maneira diferente de explorar a comunidade galega e perderte por recunchos fascinantes. Ademais, non fai falta que sexas un experto en viño: o único que necesitas é curiosidade e ganas de gozar.
