De tapas por Galicia

Outro outono máis se volve a celebrar De tapas por Galicia, promovido por Turismo de Galicia, nas sete principais cidades da comunidade galega.

O certame de tapas poderase gozar en diferentes datas segundo a cidade. Na Coruña e Lugo; en Ourense, “Concurso de pinchos Outono sabores de Ourense” celebrarase do 28 de outubro ao 13 de novembro; en Pontevedra, “Pontedetapas” será do 3 ao 20 de novembro; en Ferrol, “Tapéate Ferrol” será do 10 ao 20 de novembro; en Santiago, “Santiago (é) tapas” será do 11 ao 27 de novembro; e en Vigo, “O pestiquiño” celebrarase do 17 ao 20 de novembro.

plano

Tamén podes participar no concurso onde se sortean seis premios de estancia e cea gourmet para dúas persoas e un premio especial que incluirá unha visita guiada á cidade máis votada. Para participar só tes que votar en Facebook a tapa que máis che gustou do 2015.

De tapas por Galicia é un plan fantástico para gozar dos amigos e do bo ambiente nestes días de outono. A primeira cidade na que poderás gozar desta tradición é en Ourense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *