Andar á procura de ceos estrelados é unha misión imposible ás veces. Que se lúa chea, cando non superlúa, que se nubes, que se farolas… Nas aldeas sentimos o ceo máis preto de nós, e xa non digamos no alto dun monte, por exemplo.
Desde logo, hai sitios onde contemplar o ceo nocturno é unha experiencia inmersiva e poética. Eses lugares afastados, protexidos da contaminación luminosa, convértense en destinos ideais para o astroturismo.
A Fundación Starlight, creada en 2009, con base en Tenerife, e impulsada polo Instituto de AstrofÃsica de Canarias e a consultora Corporaciones, ten como principal obxectivo a protección do ceo nocturno e a difusión da astronomÃa. Para iso, estimula o turismo das estrelas, sostible e de calidade, a través dun sistema de certificacións que acreditan os Destinos TurÃsticos Starlight. Os concellos que solicitan ser Destino Starlight teñen que cumprir unha serie de requisitos ambientais, de servizos, de estratexias de alumeado intelixente, etc. Pola súa banda, a fundación desenvolve cursos especiais para a formación dos guÃas e monitores astronómicos e promociona estelarios con actividades relacionadas coa astronomÃa.
A Fundación Starlight tamén concede certificacións a aloxamentos. AsÃ, hai hoteis, casas rurais e até cámpings Starlight, por exemplo, en Cuntis, Trevinca, ValdÃn, CÃes, Sanxenxo…
Hoxe en dÃa, Galicia conta con tres Destinos Starlight: Trevinca, desde 2015; o Parque nacional marÃtimo-terrestre das Illas Atlánticas, desde 2016; e Muras, desde 2020.
Trevinca. O centro Astronómico de Trevinca está no concello da Veiga, no macizo do mesmo nome, ao sueste da provincia de Ourense. Nesta zona chea de montañas está o punto máis alto de Galicia, Pena Trevinca, de 2.200 m de altitude. O Destino TurÃstico Starlight atópase no triángulo formado entre A Tablilla das Lagoas, Pico Maluro e O Rañadoiro, dentro do Espazo natural protexido de Pena Trevinca (zona ZEC e ZEPA). Ademais da altitude e a ausencia de contaminación lumÃnica, a climatoloxÃa da zona, especialmente despexada, é perfecta para coñecer o ceo.
Xa de sempre, os afeccionados á astronomÃa reunÃanse nesta zona para ver as estrelas. Despois, co impulso do astroturismo, inaugurouse o Observatorio Astronómico Trevinca, en 2021, que ten dúas cúpulas, oito telescopios e un planetario, todo un luxo. Aquà faise un gran labor de difusión desta ciencia a través da observación mesma e da organización de actividades: visitas guiadas, xornadas, concertos, obradoiros… Ademais, contan cos dous magnÃficos miradoiros estelares: As Tablillas, a 1.500 m de altitude, e O Rañadoiro, a 1.000 m, perfectos para contemplar a VÃa Láctea.Â
Parque nacional marÃtimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Calquera destas illas (arquipélagos de Cortegada, Sálvora, CÃes e Ons) é un magnÃfico lugar para ver o ceo sen interferencias, no medio do mar, so iluminado polos astros.
A Federación Galega de AstronomÃa e RadioastronomÃa (Fegar) encárgase de organizar diferentes actividades gratuÃtas arredor dos ceos. Inclúen observacións diurnas e nocturnas, pernoctacións, prácticas fotográficas… Doutra banda, cada vez hai máis empresas privadas que organizan travesÃas nocturnas para ver as estrelas.
Os mellores puntos de observación son os seguintes: O Lago dos Nenos e A Pedra da Campá en CÃes; Caniveliñas, en Ons; Punta Fradiña, en Cortegada e Aldea, en Sálvora.
Muras. Este pequeno concello do norte de Lugo, entre rÃos e montes, na Serra do Xistral, é un dos mellores puntos de observación dos ceos. En concreto, en dúas zonas: dunha banda, nos miradoiros da Cruz da Fraga Gorda, As Campelas da Auga e O Piocorto; doutra, na zona de Cruz de Bestermud, Miradoiro de Manzoi, Miradoiro da Gañidoira, Alto de Amosa, Ãrea de autocaravanas, Cruz de Campo e Carballeira do Viveiró.
En Muras ben sabÃan que contaban cun lugar único para ver as estrelas asà que, no seu tempo, ademais de solicitar a certificación Starlight, empezaron a facer actividades nocturnas co ceo como protagonista, impulsadas pola Sociedade Galega de Historia Natural, como acampadas nocturnas, obradoiros de astrofotografÃa, etc.
So nos queda esperar que chegue a noite, que non haxa moitas nubes, que lúa non estea ao máximo, e deixarnos guiar polo camiño das estrelas…
