¡Comeza a X Edición do Outono Gastronómico!

untitled

A X Edición do Outono Gastronómico dará comezo o 16 de setembro e se poderá desfrutar desta promoción ata o 18 de decembre de 2016 coa participación de 92 casas rurais repartidas por toda Galicia.

Esta promoción busca dinamizar o turismo no eido rural e favorecer a desestacionalización do sector. Para iso contan con diversas promocións das que se poderá desfrutar en solitario ou en familia.

Dos 92 establecementos, 19 están na provincia da Coruña, 24 na provincia de Lugo, 23 na de Ourense e 26 na provincia de Pontevedra. Todas elas contarán con dous menús exclusivos para o X Outono Gastronómico que inclúen os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusión, viños de denominación de orixe galega e outras bebidas.

Tamén hai diferentes paquetes cos que se pode gozar de aloxamento:

  • Outono Gastronómico: que permite degustar o menú gastronómico e pasar unha noite, venres ou sábado a escoller, e os almorzos do día seguinte.
  • Fin de semana Outono Gastronómico: dous menús por persoa máis o aloxamento, as noites do venres o do sábado.
  • Fin de semana familiar Outono Gastronómico: que inclúe a un ou dous nenos ata 14 anos.

Este ano, pola X edición do Outono Gastronómico, un autobús histórico dos anos 50 irá de ruta por oito cidades de Galicia con motivo da promoción da X edición.

No autobús, sendo a súa primeira parada a cidade da Coruña, haberá guías informativas en galego e castelán, cartaces e dípticos do evento. Dentro del tamén verase un vídeo promocional da nova edición do Outono Gastronómico e outro coas 9 edicións anteriores para conmemorar este aniversario.

Este ano o Outono Gastronómico estará moi presente nas redes sociais onde haberá un concurso para gañar diversos Fin de Semana do Outono Gastronómico para dúas persoas en colaboración con diferentes medios de comunicación e centros comerciais que tamén ofrecerán este agasallo os seus usuarios.

Esa non é a única sorpresa desta edición xa que os participantes da mesma serán obsequiados cun tarro de mel galego coa Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Para que teñades máis información sobre as paradas do autobús e sobre o X Outono Gastronómico, podedes consultar aquí www.outonogastronomico2016.com

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *